De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de abril de 2008 11:13
Asunto: o goberno local contrata servizo de vixilancia de estranos e sospeitosos
O GOBERNO LOCAL, PSOE-IU, PRETENDE VIXILAR A “ESTRAÑOS E SOSPEITOSOS” QUE ACUDAN AO CONCELLO.
O goberno Local, PSOE-IU, vai sacar a concurso (POR VALOR DE 440.000€) a contratación dun servizo de vixilancia privada para controlar os accesos ao pazo municipal, vixilar as praias pola noite, os mercados municipais o Castelo de san Felipe entre outras dependencias.
O máis chamativo deste prego son as funcións a desempeñar pola empresa adxudicataria xa que entre outras lindezas se afirma que son as seguintes.
Artigo 7.- Funcións a realizar (entre outras)
Protección de persoas. Mantemento da orde nas instalacións, vixilancia a estraños e sospeitosos, auxiliar a persoas en situación de perigo ou emerxencia.
Terase especial coidado na prevención do consumo de sustancias non autorizadas, segundo a legalidade vixente en especial no referente ao consumo e tráfico de estupefacientes.
O servizo de vixilancia será responsábel do uso das videocámaras de vixilancia e seguridade instaladas ou que se instalen nas distintas dependencias.
Así mesmo, e con carácter de urxencia, o goberno se reserva a posibilidade de que esta empresa poida actuar en “Conflitos Sociais”.
ADXUNTAMOS CÓPIA DO PREGO PARA O SEU COÑECIMENTO.
Prego para a contratación servizos de vixiancia.pdf 4415K
[Quen teña interese pode solicitar copia do orixinal en bng@ferrol.es]
____________
O CONCELLO PRETENDE PRIVATIZAR UN SECTOR DO SERVIZO MUNICIPAL DE VIXIANCIA QUE ATÉ O DE AGORA VIÑA DESEMPEÑANDO A POLICIA LOCAL.-
Prego de prescripcións técnicas Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións pertencentes ao Excmo. Concello de Ferrol, asinado o 31 de Marzo de 2008, polo Cordenador da Área de Seguridade do Concello de Ferrol, José Manuel Pérez Díaz
Enlace co Prego nos Arquivos Ártabros
______________________
As Privatizacións.
Privatizar ou non privatizar
por: miguelattac
Máis información sobre o AGCS
[Acordo Xeral do Comercio de Servizos]
2 comentarios
É lóxico que o fagan. O que non se pode consentir é que un sector crítico como o de seguridade e vixiancia faga tan pouco como a policía local de Ferrol e aínda por riba teña a cara de poñerse en folga. Os autos aparcan en doble fila, circular a toda velocidade e cometendo irregularidades, non hai respeto á policía local, os locais de ocio non cumpren os horarios e superan o son máximo permitido, non se ven policías locais nas rúas, etc.
Por iso mesmo, é necesario contratar un servizo privado.
Si, estupendo, contratas seguridad privada ý solapas el conflicto con la policia local que no eres capaz de resolver...pagas 101 sueldos de policia local y encima lo que te cueste la vigilancia privada, y a mayor abundamiento, la vigilancia privada no puede intervinir sin apoyo policial, mola....si no podemos arreglar la sanidad publica la privatizamos y al carallo
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon