De: ATENEO FERROLAN -administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de maio de 2008 11:53
Asunto: ACTIVIDADES XUÑO 08 no ATENEO FERROLÁN
ATENEO FERROLÁN -Fundado en 1879-
ACTIVIDADES XUÑO 08 no ATENEO FERROLÁN
DO 5 AO 30 DE XUÑO (2ª PLANTA)
EXPOSICIÓN 50 FOTOGRAFÍAS SELECCIONADAS do XVIII CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2008
...........................................................
EXPOSICIÓN FONDOS PATRIMONIO do ATENEO FERROLÁN (1ª planta)
Pinturas, gravados, esculturas e fotografías de:
Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Mª Manuela,
Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros, Ricardo Pena, Spela Trobec, Juana Prieto, Luis Rapela, Alba Leal,
Agustín Ruíz de Almodovar, Ricardo Rilo, Ramiro Marrodán ............. entre outros.
BASES
“CONSTANTINO BELLÓN”
O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.
O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.
O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.
Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.
O ATENEO FERROLÁN, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”.
XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
BASES
1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar afinadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento.
2.- REQUISITOS:
2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Ferrol) un CD gravado coa peza,”Olavide”, de Daniel Bellón facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor.
3.- PLICAS.
3.1) Os concursantes deberán enviar o CD nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso.
4.- As partituras ficarán en propiedade do Ateneo Ferrolán.
5.- Co obxectivo de promociona-la participación da Galicia do exterior créase un apartado específico, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”.
6.- Na final actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito:
* Dez finalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas Bases.
* Catro finalistas seleccionados segundo se especifica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
Tódolos finalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego, o cal terase en conta por parte do Xurado.
7.- A interpretación no Concurso constará de :
7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso "Constantino Bellón", e máis da peza tradicional ou de autor.
7.2) O tempo máximo do que disporá o intérprete para a afinación da gaita e a interpretación de ámbalas dúas pezas será de 6 minutos, computados, sen pausa, dende a primeira nota escoitada, ata a última.
Tódolos finalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente pola súa viúva Maruxa Seoane, para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso.
8.- A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €.
9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista.
10.- O Xurado cualificador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos finalistas e a súa decisión será inapelable.
11.- Como remate do Concurso, os finalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, afinada a 440 Hz.
12.- O Ateneo Ferrolán patrocinará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto.
13.- O Prazo de inscrición remata o 13 de xuño do 2008.
14.- A final terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2008.
15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.
Concurso de composición para Gaita Galega Solista, requisitos:
(Punto nº 9 do “Constantino Bellón)
9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen.
9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista acompañada ou non, dun conxunto instrumental composto por un tope máximo de 40 instrumentos.
9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min.
9.4) Os traballos presentaranse en dous formatos: a partitura orixnal impresa en papel; e, a mesma partitura, en soporte informático, axuntando copia do programa no que estea configurada (agás Encore ou Finale) ao enderezo do Ateneo Ferrolán.
9.5) Este traballo virá nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 30 de maio de 2008.
9.7) A dotación do premio será de 2000 €.
9.8) O premio poderá ser declarado deserto.
“Gaiteiro de Soutelo”
(Punto nº 5 do “Constantino Bellón)
a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, a Consellería da Emigración convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.
c.- Os concursantes deberán enviar á Consellería da Emigración:
1) Un CD gravado coa peza”Olavide”, de Daniel Bellón, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor.
e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 13 de xuño do 2008.
f.-PREMIOS. Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2008, na cidade de Ferrol (Galicia).
* Haberá catro premios.
g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
Mención de Gaita Galega “Constantino Bellón”
O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, CREA unha mención honorífica, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega.
1) Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
2.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.
3.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reflexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión final baixo os criterios do Ateneo Ferrolán.
4.- A presente Mención será de carácter honorífico e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados.
____________________
www.ateneoferrolan.org
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon