sábado, maio 24, 2008

A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, para traballar a proposta de Participación Cidadá

Estimada Señora, Estimado Señor:

A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, que integre ás entidades asociativas do municipio, así como ao propio Concello e ao conxunto da cidadanía na identificación de espazos de interese compartido e a súa tradución en propostas de traballo consensuadas. Preténdese, en definitiva, promover a participación cidadá e asentar potencialidades de cooperación entre os axentes sociais e a institución municipal.

Como punto de arranque deste proceso, o próximo mércores 28 de maio, celebrarase a primeira xuntanza do Grupo de Traballo conformado polo tecido asociativo ferrolá coa idea de traballar a proposta de reforma do Regulamento de Participación Cidadá. A reunión celebrarase no Salón de Plenos do Concello ás 20:00 h. Nesta Comisión realizarase unha reflexión colectiva acerca das necesidades que afronta a participación desde as asociacións e da cidadanía, así como das potencialidades que pode incorporar o proxecto de reforma do Regulamento de Participación Cidadá do Concello.

Neste sentido, quixéramos transmitirlle o noso interese en contar cunha representación da súa entidade, coa idea de que as cuestións abordadas e as conclusións que se formulen poidan ser do seu interese. Para calquera cuestión pode chamar ao teléfono de coordinación técnica do proceso (Rosa Muñíz Castro 627 570 949) ou da Concellaría de Participación (981 944 000 ext 219).

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

Javier Galán Pérez

Concelleiro de Participación Cidadá
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon