De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de maio de 2008 16:02
Asunto: Falecemento do noso compañeiro Tino Deibe
Falecemento do noso compañeiro Tino DeibeLamentamos comunicar que hoxe, aos 59 anos de idade, faleceu en ferrol o noso compañeiro Tino Deibe Río, como consecuencia dunha enfermidade que o apartou da súa constante actividade social e cultural, desenvolvida durante moitos anos.
Tino, traballador da Sala Técnica da antigua BAZAN, foi representante sindical, militou no Partido Comunista de Galicia e no PSOE. Foi fundador e actualmente era directivo da nosa Asociación, como Coordinador de Comunicación.
Transmitimos o noso máis sincero pésame a toda a súa familia e a cantos amigos compartiron unha trayectoria de loita e compromiso, e chamámoslles a todos a acompañarnos na despedida.
Os seus restos mortais atópanse no tanatorio de Artabria, nº 5 ( A Gándara).
O enterro terá lugar mañá, venres día 16 de Maio, ás 16 horas, no cemiterio de Catabois.
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, maio 15, 2008
Falecemento do noso compañeiro Tino Deibe
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, maio 15, 2008
Tags
Artigos relacionados
- Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires? O mércores 29 de xaneiro ás 19:00has, organ
- Conferencia "Democracia alegre contra o medo triste" de Juán Carlos Monedero [Ciclo Dem
- Publicado o novo número da revista Crítica Urbana, Volume 3, Nº 11 (Marzo - 2020), unh
- PRESENTACIÓN REVISTA RAZÓN SOCIALISTA Nº39 O xoves día 10 de decembro ás 19,30 horas,
- A A.C. FUCO BUXÁN convídate á conferencia, e posterior coloquio, que leva por título "Ucr
- O dereito á vivenda: primeiro ás persoas O dereito á vivenda digna e adecuada, segue s
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon