Manifesto da CSI con ocasión do Primeiro de Maio de 2008
Bruxelas, 29 de abril de 2008
Neste Primeiro de Maio, millóns de traballadores e traballadoras en todo o mundo únense para celebrar as conquistas de máis dun século de sindicalismo. Os principios superiores de igualdade, xustiza, dignidade humana e paz, que atoparon a súa expresión a través do movemento sindical, resultan tan relevantes hoxe en día como o eran cando traballadores e traballadoras uniron as súas forzas por primeira vez para loitar polos seus dereitos no traballo. Estes principios deron lugar á Declaración Universal dos Dereitos Humanos e quedarían recollidos no Convenio 87 da OIT en 1948. Pero os dereitos fundamentais consagrados nestes soados instrumentos están moi lonxe de ser unha realidade para gran parte da humanidade.
Para a maioría da poboación mundial, o traballo decente non é senón un soño afastado. Millóns de nenos traballan en lugar de acudir á escola, os traballadores e traballadoras vense privados dos seus dereitos fundamentais e son explotados por empleadores sen escrúpulos e réximes represivos, e aumentan as desigualdades tanto entre países como dentro de cada país, cunha pequena minoría que acumula riquezas incalculables a expensas dos demais.
Os fallos de gobernanza global por medio de "solucións de mercado" non resultaran tan patentes desde había décadas. O problema continúa estendéndose polos mercados financeiros mundiais, e os traballadores e traballadoras son quen salguen peor parados debido a que os gobernos non son capaces de responder á necesidade dunha regulación financeira. Cen millóns de persoas máis que o ano pasado non teñen suficiente para comer, conforme a crise alimenticia global aumenta día a día, ameazando o tecido mesmo das sociedades e alimentada polo legado de décadas de políticas altamente prexudiciais a escala mundial. A acción respecto ao cambio climático, quizais a maior proba a que se viu sometida a humanidade en toda a súa historia, resulta minúscula en comparación coa magnitude do reto que representa. E os ODM da ONU, que a comunidade global propúxose alcanzar, están moi lonxe de lograrse.
Os medios para abordar todos estes desafíos existen, pero falta a vontade política para ofrecer resistencia aos poderosos intereses que obstaculizan o camiño. No mundo enteiro os sindicatos enfróntanse a estes intereses, facendo campaña para situar as preocupacións sociais e o desenvolvemento sostible como un elemento central, e non marxinal, da política. Esiximos un cambio fundamental na gobernanza global, que coloque o traballo decente no centro mesmo dunha nova globalización, e onde as institucións globais respondan ás necesidades reais da poboación en lugar de perpetuar as políticas erróneas do pasado.
O 7 de outubro de 2008, Xornada Mundial polo Traballo Decente, sindicatos de todo o mundo lanzarán conxuntamente un chamamento mundial a favor dos dereitos no traballo. Situaremos en primeiro plano as grandes tradicións de solidariedade que foron a pedra angular do sindicalismo desde os seus comezos, e que resultan esenciais para resolver os problemas aos que se enfronta o mundo nos nosos días. Demostraremos que o traballo decente é esencial para pór fin á pobreza e garantir a igualdade para todos os homes e mulleres, e deixaremos constancia do noso compromiso inquebrantable á solidariedade cos marxinados e os desposuídos. Seguimos aspirando a un mundo mellor e renovamos o noso compromiso a facelo realidade por medio dunha acción unificada dos traballadores e traballadoras procedentes de todos os recunchos do planeta.
________________
A CSI representa a 168 millóns de traballadores e traballadoras en 155 países e territorios, e conta con 311 afiliadas nacionais.
Para maior información, favor de porse en contacto coa Oficina de Prensa da CSI aos teléfonos: 32 2 224 0204 ou 32 476 621 018.
Confederación Sindical Internacional
O labor fundamental da CSI é promover e defender os dereitos e intereses dos traballadores mediante a cooperación internacional entre sindicatos, realizar campañas mundiais e avogar por eles ante as principais institucións mundiais.
________________
O 7 de outubro de 2008,
Xornada Mundial polo Traballo Decente,
sindicatos de todo o mundo
lanzarán conxuntamente
un chamamento mundial
a favor dos dereitos no traballo.
___________________
As Traballadoras e Traballadores de Galiza, non quedarán indiferentes, o noso País participará na Acción Mundial polo Traballo Decente.
__________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Movimento Obreiro
Sindicalismo
Manifesto da Confederación Sindical Internacional CSI con ocasión do Primeiro de Maio de 2008
venres, maio 02, 2008
Manifesto da Confederación Sindical Internacional CSI con ocasión do Primeiro de Maio de 2008
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, maio 02, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon