venres, maio 09, 2008

A oposición a REGANOSA resposta ás novas ameazas

O movimento opositor á planta de Gas de Reganosa conseguiu hoxe superar un atranco máis no camiño de conseguir que a planta regasificadora desapareza da Ría de Ferrol. Ese atranco o puxo o Subdelegado do Goberno, prohibindo o roteiro que se convocou, por parte do Comité Cidadá de Emerxencia, ante a entrada dun novo gaseiro, e no aniversario da entrada do Galiza Spirit, o primeiro gaseiro que atracou no porto de Reganosa, despois de dous intentos fallidos povocados pola actuación coraxosa da xente do mar, que coas súas lanchas enfrentaron ao xigante Galiza Spirit, rompendo os muros de silencio que aprisioaban a loita pola vida e a defensa da Ría. Esta tarde a provocación do Subdelegado do Goberno tivo unha resposta firme, clarificadora e á vez sinxela por parte do Comité Cidadá de Emerxencia: non se pode prohibir a defensa da vida, non se pode prohibir a defensa do dereito a vivir sen ameazas, para os habitantes desta comarca e para o medio ambiente.

As tres novas ameazas de Reganosa, que se veñen sumar ás xa existentes, aumento da capacidade de regasificación, voadura dos fondos da Ría e transporte do GNL en camións, van ter resposta social clara e constante. Hoxe foi nun roteiro que sinalou os socios financieiros e económicos deste proxecto corrupto e irresponsáble, mañá será a denuncia dos actores políticos que acompañan este proxecto ou miran para outro lado mentras se consolida e amplia esta amenaza no corazón da nosa comarca.

Esta primavera comeza con forza despois das chuvias e os ventos destes últimos meses. Así comeza a nova andaina de mobilizacións do Comité Cidadá de Emerxencia. O verán tampouco será tranquilo. Manifestación o domingo 8 de xuño, Marcha a pé até Mugardos e Festival Reivindicativo no aniversario do peche da veciñanza na Casa do Concello de Mugardos, Iniciativa Artístico-Cultural para elaborar o Maior Mural do Mundo que represente as agresións que sufre a nosa Ría... Este verán marchamos, pintamos, cantamos, berramos, bailamos... porque soñamos coa Planta de Gas Fora da Ría!


_________________

Enlace co Blog do Boletín nº 14 [Maio-Xuño-Xullo - 2008] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol nel podedes baixar [en formato PDF] a edición impresa do Boletín e do Cartaz que convoca a Manifestación do 8 de Xuño, para copiar e difundir por todos os recunchos da Comarca. Mais tamén podedes acceder a TVComité onde se poden ver 52 videos, seguidos ou indiviualmente.

Sumario do Boletín nº 14:

_________

Fotos cedidas pola asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
Blog veciñal
Artigos PA21

-avvorosario@gmail.com-
Nas próximas horas postaremos o álbum completo do Roteiro Urbano que tivo lugar o 9 de maio de 2008, para denunciar ao socios que forman parte de REGANOSA.
_______________

1 comentarios so far

Parece mentira que o noso Xosé Manuel cambiara tanto dende que entrou no poder, digo noso porque e veciño de Barizo, coma nós. Nós tamén temos un problema a tal hora co conto do Plan Acuicola xa que nós queren montar unha piscifactoría entre duas plaias. Xosé Manuel e o seu irmán Modesto de momento non moverón palla.
Que vos vou a decir a vós , o da planta xa non ten nome, e unha barbaridade o que vós estan a facer. Animo amigos, a verdade sempre acaba conocendose e os que estan a permitir esto de algunha maneira han de pagalo (ainda que de momento viven de puta madre).


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon