xoves, maio 15, 2008

Venres día 16 de maio ás 18 horas, inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de maio de 2008 10:45
Asunto: Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy



Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" , queremos lembrarvos e ó mesmo tempo convidarvos de novo, que mañá venres día 16 de maio ás 18 horas, se inaugura a Praza da Paz : José Couso Permuy na parte posterior da Igrexa das Angustias, na confluencia da Avenida de Esteiro coa rúa Zurbarán. O nome desa Praza fora proposto por Fontelonga.

O actos están organizados polo Concello de Ferrol , co Clube de Prensa de Ferrol e o Colexio de Xornalistas de Galicia, se enmarca dentro dos actos do "Día mundial da liberdade prensa", que continuará cunha ofrenda floral no Cantón ás 19 horas e rematará no Jofre ás 20 horas .

O programa da inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy é o seguinte:

  • Intervención da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga.
  • Lectura de poemas de Antón Cortizas.
  • Intervención de Dona Yolanda Díaz, concelleira de Cultura do Concello de Ferrol.
  • Intervención de Don Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol.
  • Actuación musical.
  • Intervención de Javier Couso Permuy.
  • Descubrimento da placa por parte das familias Couso e Permuy.
Está instalada unha pequena carpa na citada praza.

Dámosvos anticipadamente as grazas pola vosa asistencia.

Ferrol a 15 de maio de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo./X. Miguel López Pérez, presidente


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon