venres, xuño 27, 2008

28 de Xuño "Día do Orgullo Gay, Lésbico e Transexual" 2008

Transcrición dunha nova publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol o pasado mércores 25 de xuño de 2008

Suso Pérez Lago, Yolanda Díaz e Bea Rodríguez na rolda de prensa celebrada onte
Foto de Dani Alexandre


Cultura impulsa a liberdade sexual con actividades para o Día do Orgullo Gay


REDACCIÓN > FERROL - Dario de Ferrol

Pese a que as leis garanten, en teoría, dereitos fundamentais para o ser humán, “a realidade é moi distinta” en aspectos como o dereito á libre sexualidade. Así se expresou hoxe a concelleira de Cultura de Ferrol, Yolanda Díaz, ao presentar as actividades do Día do Orgullo Gay.

Yolanda Díaz compareceu onte en rolda de prensa xunto cos representantes de Galentendo (Colectivo para a Normalización da Diversidade Sexual de Ferrolterra) Suso Pérez Lago e Bea Rodríguez para informar dos actos programados para o vindeiro sábado, día 28, con motivo do Día do Orgullo Gay. A festa, impulsada pola Concellería de Cultura, dará comezo as dez da noite no pub Run Run da rúa Real cunha degustación de pinchos e a entrega de agasallos aos asistentes para dar paso, a partir das once, a un concerto de pop-electrónico do grupo pontevedrés Austria. Ás doce da noite a festa trasladarase ao Manchita Cosa coa participación do DJ Pink Phanther, para, pasadas as tres da madrugada, retornar ao Run Run, cunha nova sesión de pinchadiscos protagonizada por Alaxendre DJ & Video Home Fuck DJ.

Yolanda Díaz subliñou o papel reaccionario dalgúns estamentos, como a Igrexa Católica e os centros de poder do país, ao auspiciar unha linguaxe profundamente sexista e descalificatoria con respeto do colectivo de gays e lesbianas. A concelleira aportou datos para demostrar ata que punto a liberdade e diversidade sexual están lonxe de ser un dereito plenamente recoñencido. Según dixo, as lecturas máis elocuentes danse incluso nas idades más temprás, como se pon de manifesto en que o 28% dos alumnos consultados no país consideran que a homosexualidade é unha enfermidade e outro 32% estima “normal” tratar de xeito despreciativo a gays e lesbianas.

Díaz lembrou tamén a iniciativa que, neste senso, Izquierda Unida ten presentado á Mesa do Congreso dos Deputados, consistente nunha proposición non de lei sobre a atención educativa da diversidade afectivo-sexual e contra a homofobia no sistema educativo. Según esta formación política, o sistema educativo vai con retraso respecto a unha realidade social e legal na que esta diversidade ten “unha crecente aceitación que non se reflicte nos nosos colexios e institutos”.

A proposta céntrase en demandar a elaboración dun programa de apoio aos centros educativos e ao personal docente para que teñan acceso a recursos e información para atender a diversidade sexual e combater os casos de acoso homofóbico.

Pola súa banda, Suso Pérez Lago, vicepresidente de Galintendo, agradeceu expresamente o apoio da Concellería de Cultura á actividade, que ten por obxecto, dixo, “normaliza-la diversidade sexual e aportar un grao de area na procura do recoñecemento de gays e lesbianas”.

Pérez Lago pideu o respeto de aqueles que non acepten outras formas de vivir a sexualidade e invitou a todos á festa, na que haberá entrada libre.
_________

Colectivo para a Normalización da Diversidad Sexual de Ferrolterra.
Galentendo é unha asociación para a defensa dos dereitos de gais e lesbianas e para fomentar a liberdade sexual, no ámbito da comarca ferrolán.


Para contactar:


galentendo@gmail.com

COLECTIVOS e enlaces LGBT en Galiza
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon