domingo, xuño 08, 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia concéntrase hoxe contra Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia concéntrase hoxe contra Reganosa
A Plataforma Ártabra 21 fai un chamamento a todos os veciños e veciñas para que apoien a manifestación que parte ás 12 horas de Curuxeiras.

laopinióncoruña.es »

REDACCIÓN. FERROL. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Defensa dá ría de Ferrol convocou para hoxe, ás 12.00 horas no peirao de Curuxeiras, unha manifestación contra a localización da planta de gas de Mugardos.

A plataforma fixo un chamamento aos veciños para que participen no acto de protesta e manifesten así o seu rexeitamento ao actual emprazamento da regasificadora. Advirten, ademais, de novas ameazas "para o ecosistema, os postos de traballo, os fogares e as vidas humanas".

A Plataforma Ártabra 21 tamén manifestou onte o seu apoio "incondicional" a todos os voluntarios que permanecen encerrados desde o pasado martes na Casa Consistorial de Ferrol para protestar contra a planta de gas e, do mesmo xeito que o Comité Cidadá de Emerxencia, fai un chamamento a todos os veciños para que apoien a manifestación de hoxe.

O colectivo oponse á ampliación da capacidade da planta, que considera unha "provocación e insulto" á cidadanía porque supón, destaca, un maior número de buques cargados de gas natural licuado (GNL) e "un gran aumento do risco que xa agora existe". A Plataforma Ártabra 21-que reclama unha política "participativa e respectuosa e defensora do medio natural"- fai fincapé, ademais, na agresión ambiental á ría que supón as instalacións de Reganosa e denuncia a "ilegalidade que representa a instalación, que incumpre as normas de distancia mínima a lugares habitados e de liberdade de manobra para os gaseros".

Enlace coa noticia orixinal en "La Opinión de A Coruña"
___________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA


Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon