De: Foro Social Galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de julho de 2008 07:54
Asunto: Foro Social Galego: como participar
Foro Social Galego: como participar
DECÁLOGO: QUE É E COMO PARTICIPAR NO PROCESO DO FSGAL
[Documento explicativo]
1-. O FSGal non é unha nova entidade nin representa a sociedade civil ningunha. É un proceso, un espazo de intercambio, busca de propostas e artellamento de loitas dos movementos sociais galegos en oposición ao mundo gobernado polo capital financeiro, ao neoliberalismo. Ninguén ten dereito nin representatividade para falar en nome do FSGal, pois este non representa a ninguén nin podería respostar unitariamente a toda a diversidade de movementos galegos. O proceso do FSGal baséase na horizontalidade, na transparencia e na diversidade.
2-. Por mandato da Asemblea de Movementos Sociais do Día de Mobilización e Acción Global do 26 de xaneiro formouse un Consello do FSGal. As organizacións e persoas a título individual que participan voluntariamente nel tampouco representan a ninguén. O Consello só se encarga de facilitar os espazos para o FSGal e de xestionar o programa de actividades que propoñan os movementos sociais. Calquera organización disposta a traballar polo desenvolvemento do FSGal e asistir ás xuntanzas organizativas do mesmo pode solitar a súa entrada no Consello. Contacto: comunicacion@forosocialgalego.org
3-. No FSGal preténdense facer un conxunto de actividades, dende debates, conferencias, mesas redondas ou calquera proposta dos movementos participantes a actividades lúdicas e reivindicativas que, amais de servir de intercambio entre movementos sociais sirvan tamén para axudar á visibilización das loitas sociais no conxunto da sociedade galega. O FSGal é pois un espazo aberto.
4-. O FSGal precisa, loxicamente, dun orzamento para se desenvolver. As contas da organización serán transparentes e en todo intre de libre acceso para os movementos sociais integrantes do foro. Para asegurar a independencia con respecto a institucións e empresas o FSGal pretende autofinanciarse por medio dos movementos que nel participan. Deste xeito, estableceuse unha cota de apoio ao proceso que permite tamén a acreditación para participar nel. A dita cota é de 100 euros por organización e de 10 euros por persoa a título individual. As cotas son incluíntes e manifestan a decisión das organizacións de axudar ao desenvolvemento deste espazo de intercambio; non son excluíntes, de xeito que as organizacións ou persoas que non poidan axudar económicamente poden facelo tamén con traballo, achega de ideas, etc. Ninguén debería sentirse excluído por non poder achegar as cotas e depende da propia responsabilidade e independencia de cada entidade ou movemento saber até onde pode chegar.
As adhesións ao FSGal poden facerse en:
http://forosocialgalego.org/adhesions
5-. No FSGal tamén poderán participar voluntarias e voluntarios da organización e a sociedade civil en xeral, que poderá acceder de balde aos espazos libres.
6-. Como proceso horizontal serán os movementos sociais adheridos ao FSGal os que propoñan as actividades do mesmo. O Consello encargarase só de elaborar despois o programa, que para meirande facilidade decidiuse enmarcar en catro eixes temáticos:
1. Modelo económico e límites do crecemento
2. Soberanía e diversidade fronte a uniformización e imperialismo
3. Vida e Traballo
4. Defensa das Liberdades e dos Dereitos Sociais
Para desenvolver estas actividades precisarase asímesmo un orzamento para satisfacer as necesidades técnicas, locais, etc. que precisen quen os organice. Deste xeito existe unha cota de inscrición de actividades de 100 euros que achegarán os movementos organizadores. Esta cota pagarase entre as organizacións que propoñan a actividade, pois para impulsar o artellamento de alianzas e a non dispersión de actividades cada proposta deberá facerse en asociación con outras tres organizacións, salvo no caso de plataformas, redes, coordinadoras, etc. xa formadas por varios colectivos. A proposta e inscrición de actividades pode facerse en: http://forosocialgalego.org/até o 31 de outubro de 2008.
7-. O Consello do FSGal irá fornecendo de información sobre os mecanismos organizativos do FSGal en todo momento na web:
http://forosocialgalego.org
Dentro do consello definíronse tres comisións de traballo que en todo intre renden contas ao Consello:
1. Comisión de Finanzas
2. Comisión de Contidos e Programa
3. Comisión de difusión e Comunicación
Para comunicarse coa organización, resolver dúbidas, etc. existen unha serie de contactos electrónicos:
Comisión de finanzas (adhesións):
finanzas@forosocialgalego.org
Comisión de contidos e programa (proposta de actividades):
programacion@forosocialgalego.org
Comisión de Difusión e Comunicación:
comunicacion@forosocialgalego.org
Voluntariado:
voluntariado@forosocialgalego.org
Cuestións xerais (xestión web):
forosocialgalego@forosocialgalego.org
8-. Material de difusión. Para difundir o proceso creáronse unha serie de primeiros materiais de difusión (cartaces, trípticos, autocolantes), así como banners para difusión electrónica, etc.
Para recoller material poden dirixirse aos enderezos anunciados na web http://forosocialgalego.org ou preguntar en comunicacion@forosocialgalego.org
Os materiais dixitais poden obterse en:
http://forosocialgalego.org/materiais
9-. Na web do FSGal abreuse un espazo participativo, O FORO DO FORO http://www.forosocialgalego.org/foro para a libre opinión sobre o proceso, busca de alianzas, propostas, etc.consello
10-. A participación no FSGal tamén poderá ser como voluntaria ou voluntario. Na web do FSGal irá aparecendo información ao respecto. Poder ir apuntándote en: http://forosocialgalego.org/apuntarse
Apertas e moitas grazas
__________________________
Comisión de Difusión e Comunicación
Consello do Foro Social Galego
PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)
Pensar e construír alternativas desde Galiza Do 5 ao 7 de Decembro de 2008
Santiago de Compostela
________________
Forum Social Mundial
FSM 2009
Carta de Principios
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Foro Social Galego
Como participar no Foro Social Galego que vai ter lugar entre os días 5 e 7 de Outubro deste ano 2008 en Santiago de Compostela
mércores, xullo 09, 2008
Como participar no Foro Social Galego que vai ter lugar entre os días 5 e 7 de Outubro deste ano 2008 en Santiago de Compostela
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xullo 09, 2008
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon