De: Ateneo Ferrolán
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de julho de 2008 11:04
Asunto: SOLIDARIEDADE coa SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL -
SOLIDARIEDADE coa SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) www.ateneoferrolan.org
O ATENEO FERROLAN manifesta a sua SOLIDARIEDADE coa Sociedade Galega de Historia Natrual e RECLAMA que sexan REHABILITADOS OS EDIFICIOS HISTORICOS QUE SON PROPIEDADE DO CONCELLO antes de que realmente ocurra unha desgraza. Hai que lembrar que os edificios onde estan situadas estas duas entidades teñen un PROXECTO DE REHABILITACION APROBADO NO ANO 2002 E SEGUIMOS A ESPERA.
“EXECUCIÓN XA do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA”
Axuntamos Carta enviada a primeiros de ano, e anteriormente en varias ocasions, a todos os Grupos Municipais e Noticia publicada en xullo de 2002, fai 6 anos, nos medios de comunicacion.
Estimado Sr.:
O motivo deste escrito é reiterarlle o solicitado na carta do pasado día 21 de novembro (sen resposta) e o xa exposto nos anos 2005 e 2006 á anterior corporación e que levamos máis de catro anos reclamando sen recibir resposta nin actuación efectiva para resolver os graves problemas e anomalías que existen no edificio, xa transmitidas e comunicadas en varias ocasións e por diferentes medios por parte desta Xunta Directiva e polos nosos veciños da Asociación DYA:
O Ateneo Ferrolán está situado nun edificio emblemático restaurado do século XVIII no histórico Barrio da Magdalena, como Vostede ben sabe, pero ten un deterioro importante na súa estructura que pon en perigo enseres, traballadores e a seguridade do edifico histórico en si, como patrimonio, a saber:
- Desmantelamento e rotura do tellado (desván) que está no 3º piso (encima de DYA e da oficina do Ateneo) o que provoca, a parte da inseguridade por medo ó derrube, inundacións e goteiras que afectan á propia Asociación DYA, á nosa Biblioteca-Hemeroteca, nos aseos, na cabina do salón de actos, ......
- Onde está ubicada a nosa Biblioteca e a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrolterra, sempre que chove (pouco ou moito) SE INUNDA, perigando así dito PATRIMONIO e arriscando á seguridade das TRABALLADORAS e do público en xeral por mor a que se veñan os pisos abaixo pola auga filtrada e almacenada.
- O ATRASO NA EXECUCIÓN DO PROXECTO DE RESTAURACIÓN E MELLORA DE USOS PARA O ATENEO FERROLÁN, DO EDIFICIO Nº 202-204 DA RÚA MAGDALENA.
- PROXECTO DE REHABILITACIÓN APROBADO NO ANO 2003 que daría solución a toda a grave situación na que nos atopamos, pero que tamén está paralizado dende entón sen ningunha explicación .........
- PROXECTO, ENCARGADO E PAGADO AO ARQUITECTO D. ALFREDO ALCALÁ, DO QUE DÁBAMOS CONTA AOS SOCIOS/AS E PÚBLICO EN XERAL NA REVISTA “ATENEA” Nº 15 (ABRIL 2004) CO SUXESTIVO TÍTULO “UN ATENEO PARA O SÉCULO XXI”, CONTANDO COA APROBACIÓN DO ANTERIOR CONCELLEIRO DE URBANISMO PARA FACELO.
Eliseo Zaera Ríos
Presidente
Máis de 5 anos despois o ATENEO FERROLÁN segue a espera de que se acometan as obras de REHABILITACIÓN na súa sede.
Falta de espazo ........ Non podemos esquecer a IMPORTANCIA da nosa Biblioteca – Hemeroteca que vai ser posta en valor pola Fundación Barrié de la Maza.
Noticias relacionadas:
Asinado hoxe o convenio co Concello
O IGVS DESTINARÁ MÁIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS Á REHABILITACIÓN DA ZONA VELLA DE FERROL
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.- O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e presidente do IGVS; José Cuiña, e o alcalde de Ferrol, Xaime Bello, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a rehabilitación do casco vello de Ferrol.
O convenio establece a colaboración entre o IGVS e o Concello de Ferrol para a realización de obras de urbanización e reurbanización dos barrios da Magdalena-Ferrol Vello por un importe de 21.035.423 euros.
O IGVS aportará a totalidade dos fondos destinados ás actuacións previstas, divididos en seis anualidades correspondentes ós anos 2002 a 2007.
Pola súa parte, o Concello de Ferrol encargarase da elaboración dos proxectos e a contratación e seguimento das obras, así como da contratación dos facultativos e técnicos que se encarguen da dirección das mesmas. Asemade, adquirirá o inmoble situado no número 220 da rúa Magdalena, para a súa cesión en propiedade ó Real Coro Toxos e Froles, que o destinará á súa nova sede social.
As obras a realizar consisten na reurbanización viaria e mellora das infraestructuras das rúas de Ferrol Vello, a devandita adquisición do número 220 da rúa Madalena e a rehabilitación dos edificios do antigo Hospicio e do Ateneo Ferrolán.
_____________
http://www.ateneoferrolan.org
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon