luns, agosto 18, 2008

Concentración contra a violencia machista, hoxe, 18 de Agosto na Praza do Concello de Ferrol, en repulsa polo asasinato de Aelica Da Costa

LUNS, 18 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE, NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, CONCENTRACIÓN CONTRA A VILOLENCIA MACHISTA, EN REPULSA POLO ASASINATO, ONTE EN VIGO, DE AELICA DA COSTA

[Para ampliar clicar acima da foto]

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de agosto de 2008 10:48

Asunto:asasinato de AELICA em Vigo



A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA PARA HOXE CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLO ASESINATO DE AELICA
Luns, 18 Agosto 2008 09:08 Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Aelica Dacosta tiña só 25 anos, ainda asi, a súa vida estaba chea de responsabilidades, dous nenos de 4 e 3 anos e unha vida laboral como empregada doméstica, que apunta un dia a dia cargado de dificultades. O machismo sesgou a súa vida e deixa unha ferida incurábel nas súas crianzas e na súa familia. Nen as leis, nen a acción da Xustiza, nen os servizos sociais de apoio foron útiles nesta ocasión, para salvar a súa vida, porque a violéncia machista, que se cobra vidas de mulleres en todo o planeta, xustificada polas leis en moitos estados e até hai pouco, non penalizada no noso país, necesita moito máis para ser erradicada. Precisa de profundizar no modelo social inspirado nos valores da igualdade e o respeto, que faga desaparecer das estruturas políticas, económicas, relixiosas e culturais todo o que signifique discriminación, desigualdade e opresión. Pode soar a utopía mais, para as feministas, é o camiño irrenunciábel. O sangue das 45 mulleres asesinadas no que vai de ano no estado español, e o sangue de Aelica, unha nova vítima mortal da violencia machista en Galiza,nos están indicando que non é suficiente coas políticas que se están aplicando, que non é suficiente a conciencia e o compromiso que está tendo a sociedade na loita contra o machismo, por máis que hai uns días tivesemos un exemplo notábel, ainda que con tráxico resultado, na persoa de Jesús Neira, o ferrolán que se debate agora entre a vida e a morte por intervir para parar unha agresión. Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, convoca concentracións de repulsa ante esta nova morte, expresando asi o noso rechazo a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

Concentracións:

Ás 20hs na Praza do Concello de Ferrol.
Ás 20hs diante do MARCO en Vigo.
Ás 20hs no Obelisco en A Coruña.

MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

http://www.feminismo.info
--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/
_____________

1 comentarios so far

Emocionante misiva del orensano Sr. Gómez de Liaño al profesor ferrolano Don Jeús Neira Rodríguez(El Mundo, 18 de agosto de 2008)


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon