martes, agosto 26, 2008

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

A canle de televisión de Denver CBS4 está informando que polo menos catro persoas están arrestadas por un posible complot para asasinar a Barack Obama, no que se planeaba dar morte ao candidato durante o discurso de aceptación que deu o xoves pola noite na Convención Nacional Demócrata. Estes homes están detidos por cargos de posesión de drogas ou armas. Un dos sospeitosos díxolle ás autoridades que ían "a dispararlle a Obama desde un lugar estratéxico, cun rifle con mira telescópica, a unha distancia de case 700 metros". Fontes da policía dixéronlle a CBS4 que se lle preguntou directamente a un dos sospeitosos se foran a Denver a asasinar a Obama, e este respondeu que si. O domingo, a policía arrestou a Tharin Gartrell durante un control de tránsito de rutina nun área residencial periférica de Denver. Dentro da camioneta que alugara, a policía atopou dous rifles- un deles con mira telescópica-, un chaleco antibalas, caixas de municións, radios portátiles e supostos narcóticos. Logo as autoridades foron a un hotel local e arrestaron a un cómplice de Gartrell, chamado Shawn Robert Adolph. A policía logrou arrestalo logo de que saltou desde a fiestra dun sexto piso para evitar ser capturado. As fontes dixeron que Adolph tiña unha esvástica, e que se cre que está vinculado a organizacións defensoras da supremacía da raza branca. O FBI e o Servizo Secreto están investigando o presunto complot.

________

Xa está publicado o Boletín de Noticias e os audios "Os titulares de hoxe" correspondentes a hoxe, Martes, 26 de Agosto de 2008, no

Blog para difundir Democracy Now! desde Galiza:

http://democracia-xa.blogspot.com/

__________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en todo o mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. [+ Info]

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon