De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Reeenvio: mriver@fundaciongaliciaverde.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 18:39
Asunto: Unha Lousa sobre O Courel no "Fervesteiro"
Ola a tod@s,
e perdón sobre todo á xente da zona de Ferrol-cidade, porque andamos tan desbordados que case nos esquecemos de avisarvos da proxección do docu Unha Lousa sobre O Courel este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00, nos cines Duplex de Ferrol (Travesía Moreno, 3) dentro da programación do Fervesteiro, que ofrece unha programación estupenda para divertirse sen deixar de loitar, así que a ver se vos animades.
Bicos e seguímonos vendo de tódolos xeitos,
Mabel & Enrique.
Unha lousa sobre o Courel é un traballo documental que recolle a problemática xurdida en torno ás canteiras de lousa que ameazan con destruír un dos baluartes máis emblemáticos de Galicia, para convertelo nunha zona mineira de explotación duns recursos esgotables a curto ou medio prazo. A cambio, estánse a hipotecar outras posibilidades de futuro sustentable para esa comarca, como sería a creación dun Parque Natural que protexese e puxese en valor a zona con maior biodiversidade de Galicia.
Gracias ao silencio (ou á manipulación) dos medios, á colaboración dos políticos e á actividade empresarial máis depredadora, conseguíuse que os escasos habitantes do Courel contemplen a canteira da Campa (no concello de Folgoso) como a súa única posibilidade de emprego, ao tempo que se foi instalando entre a poboación a idea de que un Parque Natural traería coutos de caza só para ricos “de Madrid”, mentres que outras actividades tradicionais como a gandería e a agricultura se verían limitadas, ou mesmo prohibidas. O resultado é unha poboación dividida entre os que están a favor da canteira e os que se mostran a favor do Parque Natural. Existe gran desconfianza e medo a falar abertamente destas dúas fontes de ingresos: a canteira, co seu durísimo traballo, o seu inmenso custo ambiental e o seu tempo de explotación limitado; e o Parque Natural como alternativa de sustentabilidade e permanencia.
A gran desinformación que se foi tecendo en torno a esta situación está sendo contestada por grupos de veciños que queren defender, por riba de todo, os valores culturais do Courel e crear para os seus habitantes postos de traballo de calidade e que garantan o futuro do inmenso legado recibido dos seus antergos.
Este traballo documental ten por obxectivo dar a coñecer esta situación, crear debate entre a cidadanía e procurar un posicionamento claro en defensa do noso patrimonio cultural e medioambiental. Nel participan prestixiosos científicos e colaboradores que non dubidaron en dar a cara en defensa do que nos pertence a tod@s.
Namche Films está formada por Henrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, edición e cámara. Colabora no guión coa actriz Mabel Rivera, quen tamén se encargou da produción executiva, documentación e voz en off.
Unha lousa sobre o Courel é o segundo traballo dunha serie iniciada con O Salario do Silencio. Producido tamén de maneira independente, sen ningún tipo de subvención, está orientado ao mercado do DVD. Ofrécese en dobre versión (galego e español), e os beneficios da súa venda irán destinados a axudar á Asociación Ecolóxico-Cultural SOS-Courel na súa loita pola conservación dun patrimonio único e irrepetible do que nos sentimos partícipes tódol@s galeg@s.
Santiago de Compostela, 2 de Febreiro de 2008.
_____________
ENTRE O 12 E O 20 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR A SEXTA EDICIÓN DO FESTIVAL DO FERVESTEIRO, CON NOVO CIRCO E CABARET, CHARLAS, DEBATES, PROXECCIÓNS, ... E MÚSICA, DEDICADO Á DEFENSA DO TERRITORIO E Á REDE GALIZA NON SE VENDE
http://www.fervesteiro.org/
______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fervesteiro
O Caurel
Fervesteiro: "Unha Lousa sobre O Courel" este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00 hrs, nos cines Duplex de Ferrol
martes, setembro 16, 2008
Fervesteiro: "Unha Lousa sobre O Courel" este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00 hrs, nos cines Duplex de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, setembro 16, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon