De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de setembro de 2008 16:48
Asunto: Campaña A Limpar o Mundo
COMUNICADO DE PRENSA, PREGASE A SÚA DIFUSIÓN: ASUNTO: limpeza da Praia de Esmelle dentro da campaña “A Limpar o Mundo” [15/09/2008]
A Sociedade Galega de Historia Natural delegación de Ferrol leva varios anos colaborando coa campaña “A Limpar o Mundo”, este ano imos limpar a praia de Esmelle de Ferrol o día 20 de setembro de 11:00 a 13:00 horas . Punto de encontro: Lugar onde se instala a caseta de socorrismo.
Convídase as persoas e colectivos para protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións futuras participando nacampaña ecolóxica global, A Limpar o Mundo. Xuntos estamos combatendo o problema da cantidade de lixos que atopamos en espazos naturais.
O evento ten lugar como parte dunha das campañas ecolóxicas globais de carácter comunitario de máis éxito, A Limpar o Mundo. Na campaña participan cada ano uns 35 millóns de voluntarios de máis de 110 países, uníndoos co propósito común de limpar, reparar e conservar o noso medio ambiente.
A Limpar o Mundo ofrece ás xentes de todo o mundo a oportunidade de unirse para loitar contra os problemas medioambientais locais. Non importa en que lugar do mundo esteas, ti podes cambiar as cousas? dixo Ian Kiernan *AO, Fundador e Presidente da Limpar o Mundo e Laureado co premio Global 500 do PNUMA.
En 2008, A Limpar o Mundo anima aos seus membros a entrar en acción a nivel local para que axuden a loitar contra o cambio climático. Programas de educación sobre a conservación da enerxía, sementar de árbores, xornadas nas que os empregados camiñen aos seus lugares de traballo e proxectos para reducir a cantidade de désechos son algunhas das actividades que poden realizar os membros.
A Limpar o Mundo naceu en Sidney, Australia en 1993 e está desenvolvida en conxunción co Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). A campaña aúña os esforzos de organizacións non gobernamentais, grupos comunitarios, colexios, gobernos, empresas e individuos para mellorar a calidade do auga, limpar as rúas, parques, canles e bosques locais e educar aos nenos sobre o medio ambiente.
A Limpar o Mundo está desenvolvida en conxunción co seu Socio Principal, o PNUMA. A Patrocinan Brambles e Qantas. Google Inc. é o seu Socio tecnolóxico. National Geographic Channels International é o Medio de comunicación asociado. Benefactores son o Goberno Australiano, a través do seu Ministerio de Asuntos Exteriores e Comercio, Armor e Marriott International Inc.
Se desexas máis información sobre A Limpar o Mundo visita www.cleanuptheworld.org chama ao 61 2 9692 0700 ó envía un e-mail a info@cleanup.com.au
* AO: Orde de Australia, concedida por realizar un gran servizo a Australia ou á humanidade enteira.
Para calquera aclaración sobre a actividade poñerse en contacto coa Sociedade Galega de Historia Natural delegación de Ferrol, de luns a venres de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 no número 981352820.
___________
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co n1 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N1 AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
__________
Colabora:
Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ferrol
_______________
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com
__________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Esmelle
Medio Ambiente
SGHN
“A Limpar o Mundo”, este ano imos limpar a praia de Esmelle de Ferrol o Sásbado, 20 de Setembro
mércores, setembro 17, 2008
“A Limpar o Mundo”, este ano imos limpar a praia de Esmelle de Ferrol o Sásbado, 20 de Setembro
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, setembro 17, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon