17-19 e 24-26 de outubro. CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO RÍO TEA
Na campaña de outono do Proxecto Ríos e dentro do programa de Voluntariado en Ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro (10-12; 17-19; 24-26) un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material (traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en rexime de pensión completa.
Información e inscricións na seguinte ligazón: CAMPAMENTO VOLUNTARIADO TEA 08
18 e 19 de outubro. Feira de TERRACTIVA e actos da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
DOMINGO 26 DE OUTUBRO
Normal ....................
Socios/as. ....................
Até 17 anos ....................................... 5 €
SAÍDA: diante da Escola de Maxisterio de LUGO ás 9 da mañá
Imprescindible anotarse chamando ao 699626660 (Xosé Luis) ou 982240299 (local de ADEGA Lugo)
Bótalle unha man ao lobo!
O lobo é a especie máis emblemática da nosa cultura. Simboliza o máis indómito da nosa fauna. Todos/as os/as que esteades interesados/as en colaborar activamente na conservación do lobo poñédevos en contacto con Pepe Salvadores, vogal de Diversidade Natural de ADEGA (correo electrónico: psalvadores@edu.xunta.es; teléfono 659 683 384).
Hai moito que facer para axudar á conservación desta especie que está en regresión.
O máis inmediato: II Encontro sobre o lobo galego. No CEIDA (Santa Cruz. Oleiros), os días 8 e 9 de novembro. Achegaremos máis información proximamente.
Máis información:
Local nacional (981 570099) ou na páxina:
www.adega.info
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon