ADEGA INFORMA. Vindeiros EVENTOS E ACTIVIDADESADEGA -adega@adega.info-
2 de outubro de 2008 11:07
Boletín especial EVENTOS e CONVOCATORIAS
10-12, 17-19 e 24-26 de outubro. CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO RÍO TEA
Na campaña de outono do
Proxecto Ríos e dentro do programa de
Voluntariado en Ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro [
10-12; 17-19; 24-26] un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material [
traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc] así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no Albergue

Alentea, ubicado en Barciademera [
O Covelo] en rexime de pensión completa.
Diptico CAMPAMENTO TEA 08. formato -pdf-(440 KB)
Información e inscricións na seguinte ligazón:
CAMPAMENTO VOLUNTARIADO TEA 088 e 9 de novembro. II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO - Bótalle unha man ao lobo!
O lobo é a especie máis emblemática da nosa cultura. Simboliza o máis indómito da nosa fauna. Tod@s @s que esteades interesad@s en colaborar activamente na conservación do lobo poñédevos en contacto con
Pepe Salvadores, vogal de Diversidade Natural de ADEGA (correo electrónico:
psalvadores@edu.xunta.es; teléfono
659 683 384).
Hai moito que facer para axudar á conservación desta especie que está en regresión.
O máis inmediato:
II Encontro sobre o lobo galego. No CEIDA (Santa Cruz. Oleiros), os días
8 e 9 de novembro. Achegaremos máis información proximamente.
Máis información:
Local nacional
[981 570099] ou na páxina:
www.adega.info________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon