De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de outubro de 2008 21:06
Asunto: FOTOS E INFO do VII Encontro
FOTOS E INFO do VII Encontro
TODOS OS DIAS PODEDES SEGUIR NESTA WEB O DESENVOLVEMENTO DO VII ENCONTRO INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES QUE ESTÁ SUCEDENDO EM VIGO
www.feminismo.info
Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres procedentes dos cinco continentes
Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! é o lema que enmarca o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres que se celebra nesta ocasión na Galiza, sendo destacábel o feito de que este é o primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Europa.
Neste encontro do feminismo internacional participan un total de 42 coordenadoras nacionais: 84 delegadas e 25 observadoras e mulleres convidadas de países como Dinamarca ou Inglaterra que non contan aínda con coordenadora nacional, facendo un total de 150 delegadas procedentes de todo o mundo.
Deuse o caso de representantes de coordenadoras que non puideron asistir porque as fronteiras se fecharon para as mulleres de Guinea, Gana e Nixeria, ou por temor a non poder recuperar a sua vida despois de ter participado neste encontro internacional de mulleres, é o caso de Irán.
O recibimento e inauguración do encontro consistiu nun acto de acollida das delegadas galegas que fixeron de anfitrioas oferecendo unha mostra da cultura, tradicións e da música galega feita polas mulleres, nun acto cargado de emoción. A terra foi o principal elemento simbólico que foi o enlace que uniu as mulleres dos diferentes países e culturas.
A presentación do Encontro correu da man de Tereixa Otero da Coordenadora Nacional Galega, e Míriam Nobre da Coordenadora do Secretariado Internacional.
Na mañá do día 15 celebrouse o pleno inicial que se centrou na análise do plan estratéxico mundial da Marcha e na introdución ao traballo das distintas áreas ou campos de acción, coa participación das coordenadoras nacionais de Albania Argentina, Bangladesh, Bélgica, Bolivia, Brasil, Burkina Faso, Catanlunya, Chile, Colombia, Costa de Marfil, Cuba, Euskadi, Filipinas, Francia, Galiza, Grecia, Guatemala, Haití, India, Italia, Kenia, Líbano, Macedonia, Mali, México, Mozambique, Nepal, Nueva Caledonia, Paquistán, Perú, Portugal, Quebec, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Suiza, Turquía.
Ver fotos en pantalla completa
Na súa intervención Miriam Nobre sinalou vários aspectos preocupantes para as mulleres e que teñen que ver co modelo de mercado e as relacións económicas do mundo actual que seguen en moitos países excluindo as mulleres incluso do seu dereito de acceso á terra.
A crise financeira que xorde en EEUU e está contaminando a todo o mundo, demostra que a economía financeira actual está afastada da produción real da riqueza que é a producida polo traballo humano. Esta economía que é virtual ten impacto na economía real, no quotidiano e é a causa do encarecemento dos alimentos, sobre todo para aquelas comunidades que non consuman os seus produtos locais. Agora podemos dicir que o mercado está corrupto, non só se dá a corrupción nos estados, tamén no mercado, e son case sempre os homes os que protagonizan este apropiamento das riquezas e dos recursos sen medir as consecuencias para o conxunto da poboación.
O grado de cinismo é tan grande que se impón a percepción de que cando o Estado para os profesores está gastando, cando compra títulos da banca está invirtindo. Estase a dar un proceso de privatización das ganacias e socialización das perdas.
Conclúe Miriam Nobre que temos que construír unha forza grande todas as mulleres para reaccionar a esta situación.
Outro aspecto que foi avaliado foi o proceso de emigración de mulleres do Sul e do Leste que se dedican ao coidado no Norte, sen ter acceso ás mesmas proteccións e dereitos. Hai inmigrantes que son útiles e outras que non.
Para as vindeiras xornadas a Marcha Mundial das Mulleres vai debater sobre a violencia cara as mulleres, a paz e a desmilitarización, o ben común e o traballo das mulleres que son os campos de acción de traballo e en equipos rexionais organizados en Asia e Oceanía, Américas, África, Europa, Medio Oriente e Mundo Àrabe.
No contexto do Encontro Internacional, a soberanía alimentaria está presente en cada debate e terá culminación no Foro de Soberanía Alimentaria que está ideado para propiciar este debate concreto desde a perspectiva feminista. Celébrase o vindeiro 18 de outubro e culmina na feira que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro desde as 11 da mañá na Praza da Estrela en Vigo. A manifestación será o domingo 19 de outubro desde as 12.00h con saída na Praza do Concello de Vigo, baixo o lema "MARCHA CON NÓS PARA MUDAR O MUNDO". Percorrerá as rúas de Vigo até a Estación Marítima.No seu comezo terá lugar a construción dun Milladoiro coa participación de todas as delegadas da Marcha Mundial das Mulleres.
Modificado o ( Mércores, 15 Outubro 2008 18:23 )
www.feminismo.info
marchagaliza@feminismo.info
--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/
__________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Marcha Mundial das Mulleres
Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres ...
xoves, outubro 16, 2008
Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres ...
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, outubro 16, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon