mércores, outubro 22, 2008

'Ferrol e o que queda por chover' presentación do libro de Alberte Momán

De: Alberte Moman -albertemoman@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de outubro de 2008 20:56
Asunto: 'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos


'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos

Xoves 23 de outubro, 20 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32, 15402 Ferrol) presentación de Ferrol e o que queda por chover, coa presenza do propio autor e de Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova.

Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán
Editado por Lulu.com
ISBN: 978-1-4092-1367-3


Ferrol e o que queda por chover. Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.

Pódese adquirir en:
Galería Sargadelos de Ferrol
Lulu.com
Amazon.com
ou solicitándoo neste correo electrónico: albertemoman@gmail.com


Alberte Momán. (Ferrol, 1976), profesionalmente enxeñeiro técnico agrícola, é autor de diversas obras premiadas, como 'O lobo da xente' (Edicións Positivas, Premio Narrativas Quentes 2003), 'Erótica' (Premio Francisco Añón de Poesía 2004, publicado en Agosto de 2005 na editora arcosonline.com), 'O pasado nas horas' (Premio Rosalía de Castro, Cornellá, 2004), 'De ter un can chamaríalle Guenguis' Mención de honra no certame de poesía GZcrea 2006 (recollido no volume colectivo 'Isto é un poema e hai xente detrás' (Espiral Maior. 2007), 'Baile Àtha Cliath' (Premio de poesía erótica Illas Sisargas 2007). No ano 2008 edita 'Ferrol e o que queda por chover' e 'Erótica' con Lulu.com. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Ten colaboracións dispersas por diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética 'Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata' (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía 'Sempre mar. Cultura contra a burla negra', promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra 'Benvidos á noite americana'. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de 'Efecto Iguana', novela por entregas que se publicou no suplemento cultural deste xornal. En Maio de 2006 participa nos 'Dias da Criaçao' celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En Febreiro de 2007 publica 'O alento da musa' (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía 'A porta verde do sétimo andar', da agrupación do mesmo nome.

Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal, editada pola Universidade Complutense de Madrid, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela.

--
http://moman.wordpress.com
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon