O martes 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, ás 20 horas na Praza 8 de Marzo (entre a rúa Rubalcaba e a rúa Almendra) de Ferrol, a Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convoca unha concentración de repulsa da violencia machista que vivimos día a día no noso país.
Esta concentración é unha máis de todas as convocadas polas distintas coordenadoras locais da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, que estamos a programar diferentes actos reivindicativos para rematar con esta lacra que provoca a morte e o maltrato físico e psicolóxico de moitas mulleres en todo o mundo.
Baixo un lema común, “Sementando un futuro sen violencia machista”, un ano máis a Marcha Mundial das Mulleres sae a rúa berrando que outro mundo é posible se sementamos na nosa vida valores que fagan desaparecer o sistema patriarcal que alimenta a violencia machista.
A Marcha Mundial das Mulleres elaborou, nesta ocasión, un manifesto para esixir o fin da violencia contra as mulleres e reclamar de toda a cidadanía a súa implicación na construcción dunha sociedade educada en igualdade.
Coma se dunha horta se tratase, queremos sementar todos os valores que conseguirán rematar coas desigualdades que xeneran a violencia machista: autoestima, respecto, diversidade, tolerancia, coeducación, paridade, solidariedade, xustiza, paz… e rematar coas malas herbas que invaden a nosa horta impedindo o crecemento das nosas froitas: menosprecio, prepotencia, desigualdade, opresión…
O próximo martes, 25 de novembro, estaremos na Praza 8 de Marzo sementando un futuro sen violencia machista e repartindo sementes entre todas e todos os asistentes para garantir e continuar co coidado da nosa horta e do noso futuro.
Rogamos a maior difusión desta convocatoria e esperamos a vosa asistencia.
Coordenadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres.
________
Situación da Praza Oito de Marzo, en relación á Praza do Concello de Ferrol:
[Para ampliar clicar acima da imaxen]
_________
Manifesto:
“Sementando un futuro sen violencia machista”
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon