martes, novembro 18, 2008

Ampliado o prazo de adhesión para movementos no Foro Social Gal

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de novembro de 2008 12:50
Asunto: Ampliado o prazo de adhesión para o FSGal


FORO SOCIAL GALEGO


Ampliado prazo de adhesión de colectivos con dereito a espazo na Carpa de movementos até fin de mes (30 de novembro). O resto de adhesións, xa sexan de movementos ou persoas a titulo individual, poderanse facer até os mesmos días de celebración do FSGal, tamén na carpa da organización.

O Foro Social Galego amplia o prazo de adhesión de colectivos até fin de mes (30 de novembro). Esas adhesións, amais de dar dereito a dúas acreditacións por colectivo, dan tamén dereito a gozar dun espazo na CARPA DE MOVEMENTOS SOCIAIS, que se vai instalar no Burgo das Nacións os días 6 e 7 de decembro.

O resto de adhesións –de colectivos sen dereito a espazo na carpa e de persoas a titulo individual– poderanse facer até os propios días do FSGal e tamén na carpa da organización. As adhesións por colectivo, que amais de dar dereito ás acreditacións e espazos na carpa sirven sobre todo para apoiar o proceso autofinanciado do FSGal, son de 100 euros. As de persoas a titulo individual de 10.

Para facer a adhesión antes dos días do FSGal, o que facilita enormemente o traballo da organización, cómpre cubrir o formulario na web do FSGal: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33 e facer o correspondente ingreso a nome do Foro Social Galego na Caixa Galicia; Nº de conta: 2091 - 0319 - 22 – 3040016156

MÁIS INFORMACIÓN


No FSGal desenvolveranse 12 actividades autoorganizadas polos movementos sociais adherentes, así como dous debates plenarios (sobre a lusofonía e sobre perspectivas do altermundialismo), máis de 12 horas de proxección continua de documentais de carácter social e a presentación de 14 iniciativas, campañas, etc. promovidas por movementos sociais. Do mesmo xeito, o FSGal contará cunha programación cultural, enchida de concertos, teatro, circo, obradoiros, etc.

O Foro ocupará durante tres días o Campus Norte da Universidade de Santiago, incluíndo o Auditorio de Galiza, o Burgo das Nacións e maila Facultade de Filoloxía. No Burgo instalarase a CARPA DOS MOVEMENTOS SOCIAIS, así como espazos comúns de xantar e troula. Ver mapa de espazos do FSGal: http://forosocialgalego.org/images/materiais/planofsgal.jpg

––––––––––
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego
http://www.forosocialgalego.org
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon