De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de novembro de 2008 00:27
Asunto: concentraçons
CONCENTRACIÓNS, MÉRCORES 12 DE NOVEMBRO, ÁS 8 DA TARDE, NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL E DIANTE DO MARCO EN VIGO, EN REPULSA POLO ASASINATO DUNHA MULLER EN GALIZA A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor e a súa repulsa polo asasinato dunha muller a máns do seu ex-compañeiro sentimental na área de servizo da autopista en Vilanova.
Unha vez máis temos que constatar que o machismo mata, que as cotas de liberdade conseguidas polas mulleres teñen un alto coste en vidas humanas; que a desobediencia e o cuestionamento da autoridade masculina ten un prezo que a sociedade non valora na xusta medida.
Xa é hora de que a sociedade que está a prol da igualdade se comprometa dun xeito máis activo e contundente contra o machismo que provoca esta violencia. Nón é suficiente unha lei; non abonda con castigar aos agresores; é preciso cuestionar todas e cada unha das estructuras que fomentan ou sosteñen a desigualdade.
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa diante deste novo asasinato expresando así o noso rexeitamento a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso firme e sen trégua na loita contra o machismo.
--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Marcha Mundial das Mulleres
Violencia Machista
Contra a violencia machista: este mércores 12 de Novembro concentración en Ferrol en repulsa polo asasinato dunha muller en Vilaboa
mércores, novembro 12, 2008
Contra a violencia machista: este mércores 12 de Novembro concentración en Ferrol en repulsa polo asasinato dunha muller en Vilaboa
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, novembro 12, 2008
Artigos relacionados
- Por Iolanda Teixeiro Rei [*]18.12.2018 VIOLENCIAS DE XÉNERO Podemos as persoas
- A Marcha Mundial das Mulleres da Galiza denuncia a campaña deseñada pola Xunta de Gali
- Charla de Lola Ferreiro: "As opresións patriarcais contra as mulleres e as súas consecu
- CARTA ABERTA A ANA PONTÓNEstimada AnaAlédome muito que desde o BNG se estea prestando a
- Xornada Feminista Camiño do 8M - Sábado 8 de febreiro, pola mañá desde ás 10:30hs até á
- Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das MUlleres - Acto no C
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon