luns, novembro 03, 2008

Resposta de Cometa a intervención, no pleno Municipal de Ferrol, de María Lópe, Concelleira de Servizos de Ferrol

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 2 de novembro de 2008 22:47
Asunto: Resposta de Cometa a intervención da Concelleira de Servizos de Ferrol



Resposta de Cometa a intervención da Concelleira de Servizos de Ferrol

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS MINTE

A Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA quere aclarar algunhas falsedades escoitadas no pleno do pasado día 30 de boca da Concelleira de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Ferrol, a Sra. María López:

María López afirmou no pleno que o proxecto de rehabilitación da canceira de Mougá conta con “sás” para animais en corentena, o cal é falso. Calquera pode comprobar que o proxecto técnico non contempla a instalación de hospital, quirófano, sás de corentena ou zonas para outros animais. Ademais os canís son insuficientes e non garantizan o benestar dos animais.

Asegura a concelleira que ofreceu á asociación COMETA a xestión da futura canceira. Pero a realidade é que ao longo do ano que levamos loitando porque Ferrol construa un refuxio tal ofrecemento non existeu. Si que fumos nos quen, desde o principio, quixemos deixar ben claro que COMETA nunca se encargaría dun centro que non garantizase o benestar dos animais ou obrigase a matalos, como ocorrería co proxecto que o concello defendía, e que finalmente insiste en levar a cabo. Pensamos que unha asociación que defende os dereitos dos animais e se preocupa polo seu benestar non pode de ningunha maneira involucrarse na morte innecesaria dun animal, moito menos levar a cabo sacrificios continuos. E parecenos unha falta de respecto pedir a calquera persoa preocupada polos animais que mate a aqueles que está a defender.

Sorprendeunos tamén escoitar que desexa contar co noso asesoramento, cando o certo é que o concello nunca tivo en conta toda información que durante mais dun ano esforzamonos por ofrecer á Sra. López, quen en todo momento actuou a espaldas de COMETA e sen recoller ningunha das nosas peticións.

Pero o peor que tivemos que escoitar o pasado xoves foi a desprezable mentira sobre a historia de Panchito. Panchito era un can abandonado que efectivamente foi recollido e sacrificado nun concello da comarca de Ferrolterra que non é Ferrol. Hai meses decidimos que sería o merecido protagonista dunha campaña para loitar por un refuxio comarcal para animais abandonados e pola fin dos sacrificios na comarca. Pero en ningún momento se dixo, como afirma a concelleira, que Ferrol tivese que ver coa súa recollida ou sacrificio. Pensamos que o que impulsa a María López a facer falsas acusacións contra COMETA, e ademais nun foro no que sabe que non temos posibilidade de defendernos, non é mais que un intento de despretixiar á asociación, tentando ocultar con mentiras a súa falta de argumentos. Non sabemos a traves de que escura maniobra obtivo a concelleira a información sobre a historia real de Panchito, que só coñecían os socios de COMETA, entre os que, por suposto, non se conta María López.

Preguntase a concelleira, nunha nova demostración de hipocresía, porque “molestamos” a Ferrol cando outros municipios están na mesma situación. Se actualmente levamos a cabo as nosas protestas neste concello é porque vai a emprender unha obra que determinará o futuro dos seus animais abandonados. E agora cando temos a oportunidade de ter un refuxio que garantice o seu benestar e o seu dereito á vida. Pola contra os nosos gobernantes, no lugar de avanzar cara a un Ferrol moderno e sensible cos animais, dos que todos somos responsables, deciden voltar ao pasado, construindo unha canceira na que poder seguir matando.

Todo isto non significa que non continuemos coa loita en toda a comarca, loita que a propia concelleira ferrolá dinamitou hai algo mais dun ano, desconvocando de xeito unilateral unha xuntanza entre COMETA e responsables de practicamente todolos concellos de Ferrolterra para falar da posibilidade de ter un refuxio comarcal. A asociación COMETA loita polo dereito á vida de todos os animais da comarca, sexan do concello que sexan, e parecenos lexítimo facelo así. Son eles os que insisten en localismos que non interesan nin aos animais nin a os nosos asociados.

Se tan seguro está o goberno municipal de Ferrol de estar facendo o mellor no que se refire a canceira, que respondan á sinxela pregunta que lles foi formulada no pleno. Na rehabilitación da canceira de Mougá, ¿estase a ter en conta o benestar dos animais? Nos sabemos que non, e é a nosa obriga decilo, e ademais temos razóns que o demostran.

DEIXEMOS DE MATALOS!!!

Para máis información:

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon