luns, decembro 22, 2008

Demandan a convocatoría da xunta de voceiros para acordar os proxectos de obras a realizar co FIL

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de dezembro de 2008 13:05
Asunto: ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA DA XUNTA DE VOCEIROS PARA ACORDAR OS PROXECTOS DE OBRAS A REALIZAR CO FONDO DE INVESTIMENTOS LOCAL



Ferrol, luns 22 de decembro de 2008

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA DA XUNTA DE VOCEIROS PARA ACORDAR OS PROXECTOS DE OBRAS A REALIZAR CO FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL

YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, PLANTEXA A NECESIDADE DE PRORROGAR O FONDO E DE INCORPORAR COMO ELEMENTO CORRECTOR A TAXA DE DESEMPREGO, EU ENTENDE NECESARIA A CREACIÓN DUN FONDO ESTATAL PARA AS POLÍTICAS SOCIAIS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere subliñar a urxencia de acordar nunha ulterior Xunta de Voceiros o conxunto dos proxectos de obras a desenvolver dentro dos trece millóns de euros asignados no Fondo Estatal de Investimentos para a nosa cidade. As datas corren en contra nosa e semella que o alcalde deixa pasar os día sen acordar o conxunto das actuacións e sen imprimir ao proceso a urxencia que posúe. A nosa organización, que xa presentou un conxunto de propostas para a cidade, demanda da alcaldía celeridade para acordar cos grupos municipais o destino dos fondos.

Esquerda Unida entende que cómpre dotar de estabilidade e mellorar ao Fondo Estatal e para elo demandará na Xunta de Voceiros, en canto sexa convocada, que o alcalde inste ao Goberno do Estado a prorrogar o Fondo a 3 anos, pois semella pouco realista a previsión de que a crise se supere no ano 2009. A ampliación a tres anos do Fondo Estatal de Investimentos suporá unha meirande achega de recursos cos que acometer proxectos de maior envergadura, dos que na nosa cidade hai pendentes de acometer dabondo. Xunto coa prórroga do Fondo, Esquerda Unida plantexa que se incorpore como elemento corrector na asignación de Fondos, a variable da taxa de desemprego, o cal ten unha relevancia certa nunha cidade castigada especialmente polo paro como é Ferrol.

En sintonía co antedito, Esquerda Unida considera necesario a creación dun segundo fondo adicado, neste caso, aos servizos sociais. Coa durísima situación xeral que está a xestarse pola crise económica, as políticas públicas de carácter social son unha esixencia para un goberno que se queira cunha mínima sensibilidade social. O aumento do desemprego, o retraso e falla de dotación orzamentaria que padece a lei da dependencia, as insuficiencias no financiamento do ensino público universitario e non universitario ou no eido sa saúde, en resumo a fenda no gasto social que temos cos países maís avanzados da UE, medida en sete puntos porcentuais do PIB, entreganlle razóns e urxencia para a creación dun Fondo Estatal de contido social. _______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon