De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de dezembro de 2008 16:59 Asunto: Máis de 260 adhesións previas ao Foro Social Galego
Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego
Máis de 70 colectivos e 190 persoas a titulo individual xa fixeron a súa adhesión previa ao Foro Social Galego (FSGal), malia que os propios días da celebración tamén se poderán facer no espazo da organización, que estará situado no Auditorio de Galiza. O FSGal terá lugar no Campus Norte de Santiago de Compostela entre o 5 e 7 de decembro de 2008.
A adhesión ao FSGal responde a un compromiso cun proceso de reflexión, debate, formulación de propostas e artellamento de redes e loitas sociais, que pretende autofinanciarse na medida do posíbel, porén, os espazos do FSGal están abertos a todos e todas. O FSGal é un espazo libre.
O Foro Social galego contará con 14 actividades autoorganizadas polos movementos sociais, así como con 14 horas de proxección de audiovisuais de índole social, a presentación de 15 iniciativas, libros, manifestos e propostas de formación de redes e unha completa programación cultural.
Máis de 40 voluntarios e voluntarias coidarán de que toda a fin de semana discorra o mellor posíbel e unha nómina de 12 xornalistas voluntarios e voluntarias, profesionais e estudantes de Ciencias da Información na súa meirande parte, encargaranse de cubrir os debates e publicalos na web do FSGal: http://www.forosocialgalego.
Tanto os grupos musicais, como de teatro ou circo que colaboran co proceso do Foro, fano altruistamente. Entre eles estarán Ataque Escampe, A Compañía do Ruído, Casilda Alfaro, García (Dios ke te crew), Leite de Nai, Leo Arremecághona, Charanga Os Jalochos, Os Chiquilicuatres, Pel de Noz, Sacha na Horta, Tino Vaz e Tonhito de Poi, entre outros.
Amais disto, e malia que non é un acto propio do FSGal, o domingo 7 ás 12:30 horas, no Auditorio de Galiza, desenvolverase un Asemblea de Movementos Sociais autoconvocada e autoxestionada.
Toda a información en: http://www.forosocialgalego.
MATERIAIS PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A Comisión de Comunicación do FSGal pon a dispor dos medios toda a información necesaria, dende un dosier de prensa, cuñas radiofónicas, programa, etc.
OS MATERIAIS PODEN BAIXARSE EN: http://forosocialgalego.org/
CONTACTOS PARA OS MEDIOS
A Comisión de Comunicación do Consello do Foro Social Galego é a encargada de fornecer información sobre o desenvolvemento do FSGal aos medios. En ningún caso os membros da dita comisión emitirán xuízos de valor nin opinións en nome do FSGal, tan só informacións sobre a súa organización. Os teléfonos de contacto son os seguintes:
Lara Domínguez (609162441)
Manoel Santos (686021933)
Xavier Ron (639823803)
Lidia Senra (609845861)
Bruno Vilela (645995140)
Alfonso (645029338)
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Foro Social Galego
Máis de 260 adhesións previas: Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego
martes, decembro 02, 2008
Máis de 260 adhesións previas: Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, decembro 02, 2008
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon