venres, decembro 26, 2008

A poxa dun home para axudar ao medio ambiente

Por Amy Goodman
[Pode-se escoitar o artigo en español aqui]

Tim DeChristopher é un estudante de economía da Universidade de Utah en Salt Lake City, que acababa de terminar o seu último exame antes do receso de inverno. Unha das preguntas do exame era: Se as empresas de petróleo e gas son as únicas interesadas en comprar terras públicas, os prezos que pagan para a explotación de gas e petróleo reflicten os verdadeiros custos?

DeChristopher estaba inspirado. Terminou o seu exame, púxose a parca vermella e saíu cara á polémica poxa de terras da Oficina de Administración de Terras (BLM, polas súas siglas en inglés), que a organización Southern Utah Wilderness Alliance denominou "o último gran agasallo do goberno de Bush á industria de gas e petróleo". En lugar de participar na protesta que se realizaba fóra, rexistrouse como ofertante e comprou 9.000 hectáreas de terra pública. É dicir que puxou con éxito polas terras públicas, situadas preto dos Parques Nacionais Arches e Canyonlands e do Monumento Nacional Dinosauro, e outras áreas prístinas. O prezo: máis de 1,7 millóns de dólares.

Díxome: "Cando comecei a comprar cada parcela, entenderon con claridade o que estaba sucedendo… suspenderon a poxa, e fun expulsado por axentes federais. Creo que había bastante caos e realmente non sabían como proceder nese momento".

[O interesante artigo completo no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon