De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de janeiro de 2009 14:20
Asunto: Nota de prensa de EU en realción cos vindeiros orzamentos municipais
Nota de prensa EU, orzamentos municipais
Estimad@s amig@s:Achégase nota de prensa de EU en realción cos vindeiros
orzamentos municipais. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier
Ferrol, martes 10 de xaneiro de 2009
ESQUERDA UNIDA DESMINTE QUE HAXA ACORDO ORZAMENTARIO
YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, RECLAMA RIGOR E VONTADE NEGOCIADORA
EU ESIXE QUE SE CONSIGNE NO VINDEIRO ORZAMENTO A PARTIDA DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere expresar a súa vontade de acadar un acordo político encol dos vindeiros orzamentos. Froito desta determinación elaborouse unha exhaustiva análise da Memoria do Anteproxecto, en realidade unha emenda á totalidade elaborada para modificar epígrafes fundamentais do Anteproxecto, que EU entende plagado de insuficiencias e eivas. Esquerda Unida achegou unha exhaustiva batería de propostas para reacualificar o Anteproxecto e convertilo nunha proposta válida para a esquerda social e política ferrolá e para o conunto da cidadanía, achegas que contemplan a incorporación dunha partida para orzamentos participativos, unha partida específica para a zona rural, unha ambiciosa proposta de política de persoal ou un amplo catálogo de investimentos que tanto melloran a nosa cidade canto contribúen a reactivar a necesaria re,etc. A proposta orzamentaria de Esquerda Unida – coñecida da opinión pública – melloraría de xeito sustancial o Anteproxecto de ser aceptada.
Mais a nosa proposta orzamentaria dista de ser aceptada. Esquerda Unida e o Goberno mantiveron unha reunión de traballo antes do nadal, xunta desenvolvida nun ambiente construtivo malia rexistrar as notables diferenzas entre ambolos dous grupos. Na xuntanza Esquerda Unida demandou do Goberno Municipal que plasmara en números a súa receptividade diante da nosa proposta. Temos que constatar que seguimos á espera da súa resposta.
Esquerda Unida quere instar ao Goberno Municipal a retomar a negociación diante das notables diferenzas que separan hoxendía a proposta do PSOE da proposta de Esquerda Unida.
Esquerda Unida ten que afirmar que desgraciadamente non hai acordo sobre os orzamentos, nin estamos a piques de conquerilo. O retraso na aprobación do vindeiro orzamento ten un único responsable, aquel que ao cesar aos concelleiros e concelleiras de EU xerou un goberno en minoría, abrindo a porta aberta a un posible retorno ao goberno pola porta de atrás da dereita política.
Exemplo das diferenzas que nos separan son as declaracións do concelleiro de facenda, nas que afirma a innecesariedade de consignar no orzamento a partida adicada aos orzamentos participativos, partida que para a nosa organización política é unha conditio sine qua non.
Esquerda Unida lembra non quere abondar neste comunicado nas diverxencias nos capítulos de persoal, aspecto indispensable para poder desenvolver ambiciosas políticas públicas; ou que aínda non se debateu a partida e a relación adicada aos investimentos. Semella, pois, que restan demasiados aspectos sen resolver como para que o Goberno Municipal perda o tempo con declaracións que somentes sirven á confusión e a mistificación.
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, xaneiro 14, 2009
Esquerda Unida e os Orzamentos Municipais de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xaneiro 14, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon