sábado, xaneiro 24, 2009

Boletín Informativo de "Democracy Now" do Venres 23 de Xaneiro de 2009

Os Titulares do Venres 23 de Xaneiro de 2009

O RESTO DA HORA DE DEMOCRACY NOW!

  • Obama ordena o peche da prisión de Guantánamo e que os interrogatorios deben seguir as normas do Manual de Campo do Exército

    Distanciándose do goberno de Bush, o presidente Barack Obama ordenou onte o peche da prisión da Bahía de Guantánamo no prazo dun ano, o peche inmediato das prisións secretas da CIA no estranxeiro e ditaminou que todas as axencias, incluída a CIA, acaten as técnicas de interrogatorio aceptables segundo o Manual de Campo do Exército. Obama tamén invalidou todas as ordes e opinións legais acerca dos interrogatorios emitidas por calquera avogado do Poder Executivo despois do 11 de setembro de 2001. Falamos con Vincent Warren, Director Executivo do Centro polos Dereitos Constitucionais.

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
  • Noam Chomsky: a postura de Obama sobre a crise de Gaza “é aproximadamente a mesma que a de Bush

    Nunha visita realizada o xoves ao Departamento de Estado, o presidente Obama realizou os seus primeiros comentarios significativos sobre o conflito de Medio Oriente desde o ataque de Israel a Gaza. Obama mencionou en primeiro lugar o seu compromiso coa seguridade de Israel, sen afirmar o mesmo en relación coa seguridade palestina. Condenou os ataques palestinos con foguetes sobre as cidades do sur de Israel, pero non criticou os bombardeos israelís, apoiados por Estados Unidos, sobre o territorio densamente poboado de Gaza. Pero diferenciándose do goberno de Bush, Obama recoñeceu o sufrimento palestino e afirmou que as fronteiras de Gaza deberían abrirse para que entre a axuda humanitaria. Falamos co profesor do MIT Noam Chomsky. Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
_________________

Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/


_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon