venres, xaneiro 30, 2009

Xornadas, exposición e proxección sobre o medio mariño

Venres 30 de xaneiro

  • 12h. – Apertura da exposición “Azul e Branco” – “A Natureza Galega”
    Presentación da exposición fotográfica sobre a Antártida de Carlos Caraglia que poderá visitarse ata o día 28 de Febreiro. O “Museo da Natureza” compartirá o espazo expositivo cunha representación dos últimos traballos de conservación e montaxes de esqueletos realizados nos últimos tempos.
  • 18:30h. – Presentación do vídeo “Proxecto polar”
    Conferencia e proxección do vídeo, impartido polo autor e director do proxecto, Carlos Caraglia. A través de imaxes de vídeo e fotografías de gran formato contemplamos distintas paisaxes do continente xeado así como dos animais que poboan estas terras. Con esta exposición preténdese sensibilizar á xente da fraxilidade duns ecosistemas únicos que alberga tesouros aínda por descubrir.
Xoves 5 de febreiro
  • 18:30h. - Conferencia “Fósiles de cetáceos modernos”
    Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Pescadores locais obteñen en redes de arrastre espécimes destes fósiles que datan do Mioceno e Plioceno, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos fangosos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Conferencia impartida por Ismael Mijan Vilasanchez Integrante da XDL da SGHN Ferrol.
Venres 6 de Febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Anatomía e fisioloxía dos cetáceos”
    Os cetáceos, uns animais complexos adaptados a un medio tan alleo e hostil como é o mar, posúen uns mecanismos fisiolóxicos de adaptacións froito da evolución dende os primeiros antepasados, hai uns 50 millóns de anos, termorregulación, locomoción ou algo tan fundamental como o aleitado das crías baixo a auga. Conferencia impartida pola Doutora Nuria Alemañ do Departamento de Anatomía e Produción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC).
Venres 13 de febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Proxecto de recuperación da tartaruga de coiro en Costa Rica”
    As tartarugas mariñas teñen unha antigüidade de máis de 100 millóns de anos e ao longo da súa historia foron capaces de sobrevivir a cambios no medio, incluso a aqueles que orixinaron a desaparición dos dinosauros. Nembargante, poucas décadas de actividades humanas (saqueo de ovos, captura de exemplares adultos, pesca accidental, contaminación, destrución de hábitats,...) as puxeron en serio perigo de extinción. Conferencia impartida por Sonia Aguiar Berea integrante da XDL da SGHN Ferrol.
Mércores 25 de febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Unha ría a recuperar”
    Impartida polo Biólogo da Cofradía de Barallobre e membro da SGHN Ferrol, Joan Ferreiro Caramés.
Venres 27 de Febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Recuperación de lobos Mariños e tartarugas na UCI da SGHN Ferrol”
    As tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) creouse para atender a focas e tartarugas en primeira fase de recuperación, na que polas súas doenzas precisan tratamento veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. Conferencia impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN.
Todas as actividades serán no Salón de actos do Ateneo Ferrolán


Organiza a Sociedade Galega de Historia Natural (Delegación Ferrol), sección “Mamíferos Mariños” e “Museo da Natureza”.
Patrocina o Concello de Ferrol [Concellería de Medio Ambiente].
Participa o Ateneo Ferrolán.


_________________

1 comentarios so far

Teremos ó Joan Ferreiro Caramés. alias Cesio, alias Espartano, falandonos de " Unha ría a recuperar", él que é un dos máximos defensores de Reganosa e de que Reganosa non lle fai mal á Ría. A pesar de que traballa de Biólogo na Confraría de Barallobre que sempre se opuxo a Reganosa e de que é membro da SGHN que sempre se opuxo a Reganosa o que da idea de quen é este persoeiro


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon