xoves, febreiro 19, 2009

Adianto da Programación do Ateneo Ferrolán para Marzo de 2009

MARTES DE CINE no ATENEO FERROLÁN

CICLO “CINE OBREIRO”

As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs.

no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

(entrada é de balde)


3 MARZO - PAN Y ROSAS

ANO 2000 DURACIÓN 110 min

DIRECTOR Ken Loach. GUIÓN Paul Laverty. MÚSICA George Fenton FOTOGRAFÍA Barry Ackroyd.

REPARTO Pilar Padilla (Maya), Adrien Brody (Sam), Elpidia Carrillo (Rosa), Jack McGee (Bert), George Lopez (Perez), Alonso Chavez (Ruben), Monica Rivas (Simona), Frankie Davila (Luis), Tim Roth (él mismo).

SINOPSE: Maya e Rosa son dúas irmáns mexicanas que traballan de limpadoras para unha gran empresa en Hollywood; ate que coñecen a Sam, un defensor dos traballadores que espertará nelas a forza para levantarse en contra da súa marxinal situación en pos dunha mellora da súa condición social. Trátase da loita das clases baixas e inmigrantes contra os poderes empresariais que lles someten.


10 MARZO - ROSETTA

ANO 1999 DURACIÓN 91 min.

DIRECTOR Jean-Pierre Dardenne , Luc Dardenne GUIÓN Jean-Pierre Dardenne & Luc Dardenne MÚSICA Varios FOTOGRAFÍA Alain Marcoen REPARTO Émilie Dequenne, Fabrizio Rongione, Olivier Gourmet, Anne Yernaux

SINOPSE: Rosetta es una joven de 17 años que vive en una caravana con su madre alcohólica y que no desea otra cosa que un trabajo digno. Rosetta es el demoledor grito de libertad de un ser desesperado que navega a la deriva.


17 MARZO - EN LA PUTA CALLE

ANO 1997 DURACIÓN 95 min.

DIRECTOR Jean-Pierre Dardenne , Luc Dardenne GUIÓN Jean-Pierre Dardenne & Luc Dardenne MÚSICA Varios FOTOGRAFÍA Alain Marcoen

REPARTO Émilie Dequenne, Fabrizio Rongione, Olivier Gourmet, Anne Yernaux

SINOPSE: Xoan, un electricista que se mudou do País Vasco a Madrid en busca de mellores perspectivas laborais, atopase sen traballo, sen poder pagar a pensión na que vivía e, polo tanto, "na puta calle". Na súa nova condición de sen emprego e sen fogar, terá como compañeiro de desventuras a outro emigrante, vido do outro lado do charco.


24 MARZO - LA SAL DE LA TIERRA

ANO 1954 DURACIÓN 93 min.

DIRECTOR Herbert J. Biberman

REPARTO David Sarvis, Mervin Williams

SINOPSE: En Novo México, un grupo de mineros do zinc sofren discriminación en condicións de vida e de traballo con respecto aos seus compañeiros anglos. Tras un accidente sucedido na mina, os obreiros mexicanos deciden ir á folga e esixir igualdade. Sen embargo, esa mesma igualdade é a que esixen as mulleres dos folguistas, que néganse a quedarse en casa sen tomar parte na protesta. Por fin, os traballadores comprenden que traballando todos xuntos é cómo conseguirán facer fronte ás desigualdades entre patrón e obreiro, entre brancos e mexicanos, entre maridos e mulleres...


31 MARZO - LA LINEA RECTA

ANO 2007 DURACIÓN 154 min.

DIRECTOR José María De Orbe

REPARTO Ferrán Madico, Aina Calpe Serrats, Alejandro Cano, Blanca Apilanez, Sergi Ruiz

SINOPSE:

Noelia aínda non cumplíu os trinta anos. Vive nun barrio periférico de Barcelona. De noite, traballa nunha gasolineira. De día, reparte publicidade polos portais. Non ten tempo libre. Noelia deixa o seu traballo nocturno. Abandona a casa que comparte con Rosa. Nunca se despide de ninguén. Non deixa pistas nin pegadas. Non busca nin ten amigos. Noelia é un personaxe anónimo. Unha máis entre os miles de mozos dunha grande cidade. Ao seu redor, Rosa, Lucas, Nico, o xefe. Todos cos seus pequenos conflitos, as súas pequenas ilusións, loitando por sobrevivir día a día.

A liña recta é unha historia urbana na que a protagonista, Noelia, comportase como a propia cidade na que habita, crece e avanza nunha liña recta imaxinaria que a leva dun traballo a outro, dunha vivenda a outra, sen rumbo fixo, sen deterse, sen descansar, sen saber a ónde vai.


CLUB DE LECTURA

Martes día 3 de marzo ás 19,30 horas.

Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo Todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

Encontros coa LECTURA onde xúntanse uns 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.


SÁBADO día 7 de marzo ás 20 horas.

CONCERTOS EN DIRECTO

Miguel Alonso
contacto@miguelalonso.tk


XOVES 12 Marzo ás 20 horas.

CONFERENCIA / PRESENTACIÓN DO LIBRO:

"Auge y decadencia. Desarrollo económico, cultural y educación en Ferrolterra durante el Antiguo Régimen"

Lugar: Ateneo Ferrolán - Ferrol
Hora: 20.00 h

Imparten a conferencia:
EDUARDO PARDO DE GUEVARA. Director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento

ALFREDO MARTÍN. Autor do libro


EXPOSICIÓNS MARZO

EXPOSICIÓN COLECTIVA PINTURA:

Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC),

Do día 13 de marzo ao 2 de abril.



16 Marzo – CONFERENCIA / PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL: “ASTANO, A FORXA DUN SOÑO”

Documental producido por Zenit Tv que narra a historia do estaleiro ferrolán.

O documental contou coa participación da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, NAVANTIA e o Concello de Fene.

A HISTORIA DUN GRAN PROXECTO INDUSTRIAL

“ASTANO, A FORXA DUN SOÑO” conta a historia dun dos máis grandes proxectos industriais galegos: ASTANO.

A industria naval é unha das máis globalizadas, complexas e estratéxicas do mundo. En Galicia existe construción naval artesanal desde a noite dos tempos, e Vigo e Ferrol foron os polos deste desenvolvemento naval. No caso de Ferrol existen desde o século XVIII uns estaleiros militares, xerme do que máis tarde serían BAZÁN e ASTANO, e actualmente é NAVANTIA.

Desde a perspectiva actual, parece que os xigantescos estaleiros de ASTANO foron unha fantasía, case unha lenda, unha realidade esquecida polos que viviron hai máis de vinte anos a súa crise, e descoñecida polas novas xeracións que escasamente saben da súa importancia por referencias.

O documental “ASTANO, A FORXA DUN SOÑO” recupera esta historia, unha historia fermosa da que se pode aprender para o futuro. ASTANO naceu como un soño: crear unha gran industria naval civil nun momento difícil, en plena II Guerra Mundial. O seu fundador José María González-Llanos, un experto enxeñeiro naval, decidiu afrontar no ano 1941 esta aventura empresarial con modestos recursos. ASTANO constituíuse como sociedade limitada e iniciou a súa andaina cunha trintena de traballadores, moitos deles socios fundadores.

Tras estes modestos comezos, nos que se construían pesqueiros de madeira, o éxito sorriu por fin á empresa. Nos anos sesenta ASTANO rivalizou cos grandes estaleiros do mundo.

A pesar da crise que sufriu o estaleiro a partir dos anos setenta, a historia de Astano é brillante, chegando a ser unha empresa innovadora e influinte no campo da construción naval. Ademais, creou unha gran riqueza, convertendo a Ferrolterra na comarca máis próspera de Galicia, e fixo que centos de galegos do rural conseguisen un traballo digno e unha capacitación profesional preto dos seus fogares, nun momento en que a emigración cara a Europa e o resto de España asolaba o campo galego.

O contexto histórico

A sucesión de imaxes e as intervencións que recordan o liderado de Ferrol na construción naval mundial naqueles tempos, é definitiva para dar fe da magnitude dos logros acadados por un grupo de homes e mulleres nunha zona onde ninguén podería imaxinar unha empresa similar. As grandes moles rompendo a ría de Ferrol, a presenza de expertos de todo o mundo nas botaduras, e a valoración de expertos en construción naval do que significou Ferrol para a industria, definen a magnitude da propia historia que se narra no documental.


MÉRCORES día 18 ás 20 horas: CÍRCULO DE PENSAMENTO “CIRPÉN” no ATENEO FERROLÁN

A filosofía é a ciencia que trata da esencia, propiedades, causas e efectos das cousas naturais.

Círculo de pensamento filosófico do Ateneo. Reúnense un bo número de persoas a reflexionar sobre as distintas realidades da vida, profundizando nelas, en busca da razón.


MÉRCORES 25 ás 19 horas.

A nova grella filispiniana, inclúe o programa que vai realizar o Ateneo Ferrolán, "Atenea".

En principio, o programa terá unha periodicidade mensual, aínda que se a cousa funciona e a xente se anima, poderiamos chegar a semanal.

Desde o Ateneo Ferrolán, facemos un chamamento aos socios e socias para que, se lles interesa, se animen a participar nesta nova actividade radiofónica e axuden a facer o programa.

O programa Atenea, emitirase en Rádio FilispiM 93.9 da FM:
Luns: 21:00hs. - 22:00hs. [Diferido]
Mércores: 19:00hs. - 20:00hs. [Directo]
Sábados: 15:00hs. - 16:00hs. [Diferido]


VENRES día 27 de marzo ás 20 horas.

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

CONCERTOS EN DIRECTO : NELSON QUINTEIRO ofrece un recital-monólogo baseado na voz.

Encadrado dentro da música tradicional fai unha reinterpretación intrahistórica sobre as letras do cancioneiro tradicional acompañadas de monólogos e xogos de interacción co público.

Cunha potencia de voz moi destacable e unha sólida actividade escénica e creativa, Nelson Quinteiro ofrece un concerto íntimo con músicas que van dende José Afonso e cantigas portuguesas a cantigas tradicionais que falan de conserveiras, de redeiras, de canteiros ou outros gremios da nosa tradición.

Musicalmente basease no sampleado de instrumentos e voces rítmicas e melódicas en directo mediante pedais de loops, delays e efectos sonoros, ademais de gravacións de sons artificiais.

Neste concerto amósase a verquente máis íntima e personal deste artista, que noutros eidos destaca como director de iniciativas como o Festival Galego de Cabaré ou da Compañía Femme Fatale.


+ Info en www.myspace.com/cantareiro

Consulta a Grella Filispiniana

--
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura desde 1879

Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon