Por Juan Torres López 17.02.2009
En Venezuela acábase de aprobar por referendum unha medida que permite que quen queira que sexa Presidente preséntese cantas veces desexe á reelección.
Facendo provisión de cinismo e malo sangue, os medios de comunicación dos ricos e os políticos de dereitas din que iso mostra que o presidente Chávez é un ditador que quere perpetuarse no poder e afirman, en consecuencia, que en Venezuela non hai democracia.
Esquécense, ou ocultan, que para seguir de Presidente terá que gañar unhas eleccións que deberán ser especialmente limpas posto que alí haberá cando se celebren (como ocorreu ata agora) centos de observadores internacionais, moitos deles desexosos de atopar o máis mínimo fallo para denuncialo.
Pola contra, os mesmos que descualifican a democracia de Venezuela pon como exemplo a Estados Unidos, onde Bush chegou a Presidente con menos votos que o seu adversario e despois de que no Estado onde goberna o seu irmán votáseno moitos mortos e de que non puidesen votar moitos dos vivos que non o querían como Presidente.
Que dirían se o Tribunal Supremo de Venezuela nomease presidente ao candidato con menos votos?
Tamén pon de exemplo a España, onde os presidentes poden igualmente presentarse á reelección cantas veces queiran sen que ninguén ouse chamalos ditadores e onde non se permite que os cidadáns decidamos concretamente se queremos que o Xefe do Estado sexao para sempre e con carácter hereditario.
E iso, por non falar da claridade e a democracia real con que se fala dun e outro nos medios de comunicación.
Que dirían se Chávez fixese baixo o seu mandato a metade da fortuna que fixo o rei Juan Carlos?
Poden dicir o que queiran pero hai que ter moita cara dura para descualificar a Venezuela cando pasan as cousas que todos sabemos que pasan nos demais países.
E engado: por que non se menciona que en Venezuela quen non estean de acordo cun cargo electo, e entre eles co presidente, poden convocar un referendum para revogalo a metade do mandato? Tamén iso é propio dunha ditadura?
Recomenda-se entar no artigo orixinal do compañeiro Juan Torres con interesantes comentarios
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, febreiro 18, 2009
Democracias e caraduras
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, febreiro 18, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon