venres, febreiro 20, 2009

Día 20: Homenaxe a Maria Manuela en TVG - Día 21: O Recuncho, 10º Programa 93.9 FM

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
20 de fevereiro de 2009 17:31



sábado 21 de Febreiro, de 11 a 13 horas,
10º programa de "O Recuncho"
dende o estudo de Radio Filispim.
No que abordaremos os seguintes temas:

Manifestación en Santiago de Compostela da Rede "Galicia non se vende".
Entrevista con Nanina da revista feminista "Andaina".
Semblanza e poesías de Eduardo Galeano.
Conferencia do historiador Bermejo Barrera.
Falaremos en directo con César Fraga, traballador de Megasa.
Teremos uns especiais musicais.
En directo, no plató, José Torregrosa, mestre, escritor, crítico de cine e directivo da A.C. Fuco Buxán.

Sen máis, esperamos encontraros nas ondas filispinianas ou no noso blog www.recunchofuco.blogspot.com
"O recuncho", o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM e Radio Piratona de Vigo.


Hoxe, venres, día 20/02/2009 as 12 da noite na TVG

Pódese ver a Homenaxe que ferrolterra e Galicia tributaron a MARIA MANUELA o pasado Decembro no Teatro Jofre e que leva por título "HABEMOS DE IR" e que reunira a unha trintena de cantantes e músicos galegos que quixeron acompañar a artista ferrolá neste día tan especial.

Nesta velada musical, María Manuela entregou á súa cidade natal o mellor da súa obra e, ao mesmo tempo, recibiu do conxunto da cidadanía un recoñecemento público pola traxectoria vital e musical que, xunto con seu home Miguel Varela xa falecido-, mantiveron sempre ao carón da xente e a prol da lingua e da cultura galegas.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon