luns, febreiro 09, 2009

Manifestación de "Galicia Bilíngüe", Manifestación" Ridiculista" e Represión

Tags


Video de: GZVideos

Falar galego foi este domingo en Compostela unha das arbitrarias e sorprendentes causas polas que a Policía lle puido solicitar a vostede a documentación se estaba arredor do mediodía no contorno da Praza da Quintana. Aló se concentraban a esa hora os asistentes á manifestación contra o galego convocada pola plataforma Galicia Bilingüe. Co apoio, entre outras formacións políticas, do Partido Popular, UpyD ou Falange, o colectivo xuntou unha nutrida representación en Santiago de Compostela, chegada en buses fundamentalmente de Vigo, cidade onde naceu a asociación, e tamén de fóra do país ao abeiro do apoio doutros colectivos que teñen convocado ou avalado actos a prol dos privilexios para o castelán e contra catalán ou éuscaro, como é o caso da Asociación de Vítimas contra el terrorismo, Asociación Por la Tolerancia de Cataluña, Circulo Balear ou Plataforma para a Liberdade de Elección Lingüística de País Vasco.

Recomendamos ver a información completa en "Vieiros" con case 200 comentarios
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon