mércores, marzo 25, 2009

Alegacións ao proxecto de obras públicas da plataforma loxística de Mandía, ... , por parte de Esquerda Unida

Tags

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
25 de março de 2009 12:22


Prezad@s amig@s: achégase no arquivo comunicado de prensa en relación coas alegacións presentadas por Esquerda Unida para o proxecto de obras da plataforma loxística de Mandiá. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, mércores 25 de marzo de 2009

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTA AS SÚAS ALEGACIÓNS Á PLATAFORMA LOXÍSTICA DE MANDIÁ
  • A PRESERVACIÓN DOS CAUCES FLUVIAIS E A INCOMPATIBILIDADE DOS USOS RESIDENCIAIS E INDUSTRIAIS, PRINCIPAIS DEMANDAS DE ESQUERDA UNIDA
  • ESQUERDA UNIDA RESPALDA AS INICIATIVAS DAS E DOS VECIÑOS DE MANDIÁ
O Grupo Municipal de Esquerda Unida vén de presentar as súas alegacións ao proxecto de obras públicas da plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol. A nosa organización considera que o actual trazado do proxecto afecta os cauces dos ríos Xardiña e Citula polo que demanda nas alegacións presentadas diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo que se proceda a tracexar unha nova delimitación do proxecto que preserve a integridade destes cauces fluviais.

Razóns dabondo hai para non inflixir novas feridas sobre os cauces fluviais cando a aprobada Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos galegos sinalaba o alto grao de deterioro que padecen os nosos ríos. Iniciativa consonte coa Directiva 2000/60/CE que no seu artigo primeiro define entre os seus obxectivos a prevención de calquera deterioro adicional e maila protección e mellora dos ecosistemas acuáticos, asemade de promover un usos sustentable do auga. Directiva que achega os principios de acción neste eido como son os de cautela, acción preventiva e requisito de integración das esixencias medioambientais en calquera proxecto.

Lexislación neste mesmo eido que vai dende o Informe Brundtland sobre desenvolvemento sustentable, concepto recollido no Tratado de Amsterdam, até a Lei de Protección Ambiental de Galicia no que atinxe a salvagardar a rede hídrica e a súa interralación cos recursos culturais e patrimoniais.

Esquerda Unida fai fincapé nas súas alegacións tamén na incompatibilidade de empregar un mesmo espazo físico para misturar fins residenciais e industriais. As zonas industriais teñen unhas servidumes que as fan inaxeitadas para compatibilizar nelas solo para fins residenciais. Neste senso semella necesario proceder tamén a facer modificacións no actual proxecto de obras.

Esquerda Unida considera necesario desenvolver un riguroso planeamento racional e sustentable no eido da construcción deste tipo de infraestruturas, onde a avaliación certa e real de necesidades evite intervencións custosas e insustentables, que lastiman á veciñanza afectada polas mesmas.

Grupo Municipal de EU
__________________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon