domingo, marzo 08, 2009

Declaración da Vía campesiña co motivo do 8 de Marzo de 2009 "Día Internacional das Mulleres"

Declaración da Comisión Internacional das Mulleres da Vía Campesiña
Con motivo do Día Internacional das Mulleres
8 de marzo de 2009

Nós, mulleres campesiñas chegadas desde os cinco continentes a Seúl, en Corea do Sur, no marco da reunión da Comisión Internacional de Mulleres da Via Campesiña, facemos a seguinte declaración:

Coa ocasión do Día Internacional das Mulleres reafirmamos a nosa vontade de actuar para cambiar o mundo capitalista e patriarcal que dá prioridade aos intereses do mercado fronte aos dereitos das persoas.

Como campesiñas, reclamamos o respecto de todos os nosos dereitos, esiximos o noso dereito a unha vida digna e sen violencia e o respecto dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

Loitamos para lograr a soberanía alimentaria e por manter a agricultura campesiña, que son as alternativas ás crise alimentaria e climática actuais.

Esiximos unha reforma agraria integral e o respecto cara á biodiversidade.

En Maputo en Mozambique, durante a Vª Conferencia da Via Campesiña en Outubro do 2008, lanzamos a campaña internacional contra a violencia cara ás mulleres.

Hoxe reafirmamos a nosa vontade:

  • de reforzar a organización e a loita das mulleres para a súa emancipación,
  • de facer progresar a igualdade de sexos e a participación da mulleres en todas as esferas da toma de decisión,
  • de pór en práctica a paridade de xénero nas nosas organizacións,
  • de terminar con todos os tipos de violencia cara ás mulleres,
  • de construír unha sociedade global que sexa xusta e igualitaria.
Chamamos ás mulleres e homes, que loitan pola paz e a xustiza, a participar na inmediata posta en marcha de medidas para erradicar toda forma de violencias físicas, sexuais, económicas, ecolóxicas, verbais e psicolóxicas. Esiximos o fin das violencias provocadas polas guerras.

Achegamos o noso apoio ás nosas irmás campesiñas da República Democrática do Congo, de Palestina así como a todas as mulleres de todos os países que sofren guerras e conflitos.

Denunciamos as prácticas nocivas das multinacionais que destrúen a biodiversidade, acaparan as terras, causan desastres ecolóxicos, forzan a migracións masivas e son a orixe da desaparición de da agricultura campesiña. Comprometémonos a combatelos.

Hai que eliminar o máis rápido posible as desigualdades, xa sexan sociais, culturais, étnicas, de clase ou de xénero.

Loitaremos ata a realización dunha sociedade que recoñeza a riqueza e os dereitos de cada ser humano e que afirme que os dereitos das mulleres son dereitos humanos.

GLOBALICEMOS A LOITA !
GLOBALICEMOS A ESPERANZA !

Fonte: A Via Campesiña


A Vía campesiña


___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon