O venres 27 de marzo ás 20:00 horas., e con motivo da celebracion do Día Internacional do Teatro, teremos no Ateneo Ferrolán, a Nelson Quinteiro que ofrece un recital-monólogo baseado na voz.
Encadrado dentro da música tradicional fai unha reinterpretación intrahistórica sobre as letras do cancioneiro tradicional acompañadas de monólogos e xogos de interacción co público.
Cunha potencia de voz moi destacable e unha sólida actividade escénica e creativa, Nelson Quinteiro ofrece un concerto íntimo con músicas que van dende José Afonso e cantigas portuguesas a cantigas tradicionais que falan de conserveiras, de redeiras, de canteiros ou outros gremios da nosa tradición.
Musicalmente basease no sampleado de instrumentos e voces rítmicas e melódicas en directo mediante pedais de loops, delays e efectos sonoros, ademais de gravacións de sons artificiais.
Neste concerto amósase a verquente máis íntima e personal deste artista, que noutros eidos destaca como director de iniciativas como o Festival Galego de Cabaré ou da Compañía Femme Fatale.
+ Info en www.myspace.com/cantareiro
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Ateneo Ferrolán
Nelson Quinteiro, ofrecerá un recital-monólogo baseado na voz polo Día Internacional do Teatro
xoves, marzo 26, 2009
Nelson Quinteiro, ofrecerá un recital-monólogo baseado na voz polo Día Internacional do Teatro
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 26, 2009
Tags
Artigos relacionados
- Presentación do libro "Los irreductibles" de Julio Rilo que estará acompañado por César C
- Chega ao Ateneo Ferrolán a Exposición das Fotografías presentadas ao XV Premio Luís Ksad
- Acto “A ÚLTIMA TRINCHEIRA DO 72: VIVENZAS DE MULLER E DE CLASE”Terá lugar no Ateneo Ferro
- 50 aniversario de marzo do 72Palestra e Proxección do Audiovisual "A semente de 1972"Coa
- Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021
- [Ateneo Ferrolán] Presentación do libro #taméneu. Xoves día 11 de novembro ás 19 h.#tamén
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon