sábado, marzo 28, 2009

Un Abril cheo de Cultura no Ateneo Ferrolán

Ateneo Ferrolán
secretaria@ateneoferrolan.org-
27 de março de 2009 20:52

Enviamos un adianto da nosa programación cultural do mes de abril.
Grazas por axudarnos a difundila.

PROGRAMACION ABRIL 2009 NO ATENEO FERROLAN


Venres día 3 de abril ás 20 horas.


Concerto de guitarra de Alba López Sánchez

Obras de Narváez, Giuliani, Turina, Gerhard, Falla e Sainz de la Maza.

Biografía

Alba López Sánchez (Ferrol, 1981) finaliza grao medio Loxse no Conservatorio Oficial de Música de Ferrol en xuño de 2001 na especialidade de guitarra clásica, baixo a dirección de Iago Reigosa. En setembro do mesmo ano comeza os seus estudios de grao superior no COSMAC con Antonio Rocha e Rodolfo García remando en xuño de 2005. Prosegue o estudio de interpretación guitarrística co concertista Ramón Carnota e en 2007 trasládase ao Conservatorium van Amsterdam para estudar con Lex Einsedhart un máster en interpretación.

Perfecciona os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Alex Garrobé, Marco Socías e Ricardo Gallén, e cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.

Como solista participa na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa" (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En música de cámara destaca o dúo coa soprano Patricia Rodríguez Rico e o trío de guitarras Banora cos que ofreceu varios concertos en localidades coma Ferrol, Vilagarcía de Arousa ou Laracha, así coma concertos didácticos en institutos de educación secundaria. En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania e logo actúa en Amsterdam e no mes de xuño na Gallery Chief and Spirits na Haya.

Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.

En canto a outras músicas foi integrante do grupo de folk- fusión Sexfolia durante toda a súa traxectoria, formación coa que participa en máis de trinta festivais entre os anos 1999 e 2002. Logo pasa a formar parte de formación galaico-portuguesa A Quadrilha da Marola, coa que se sube aos escenarios nos anos 2003 e 2004.

No ámbito compositivo destaca a composición de Panxea para soprano, guitarra clásica, piano e percusión, encargada para o espectáculo multiartístico A fuxida do pensamento da Universidade de A Coruña, estreada en abril de 2004 no campus de Ferrol.


DEBATES ABRIL

Sábado día 4 de abril as 20 horas

CONFERENCIA:

"As eleccións galegas de 2009: unha análise sociolóxica do seu significado político" , por Fermín Bouza

Fermín Bouza (Santiago de Compostela, 1946), Catedrático de Socioloxía (Opinión Pública) na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Traballa sobre Opinión Pública, Comunicación Política e Socioloxía Electoral. E membro fundador de ACOP (Asociación de Comunicación Política) e forma parte da súa directiva. Tamén escribe textos literarios, particularmente en galego (o libro de poemas Labirinto de Inverno, en galego, foi Premio da Crítica Española). Publicou libros e artigos da súa especialidade (ver páxina de publicacións accesibles) e colabora en diversos medios sobre eses mesmos temas. Vive en Madrid desde 1969, onde chegou escapando da policía para evitar a deportación.

Podedes visitar o seu blog:

http://votoconbotas.trincheradigital.com/


Martes día 14 de abril as 20 horas

CHARLA - COLOQUIO:

"Ferrol na Segunda República” , participan:

  • ELISEO FERNANDEZ
  • XOSE MANUEL SUAREZ
Organizan: MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA e ATENEO FERROLÁN


MARTES DE CINE NO ATENEO FERROLÁN

CICLO CINEMA DIXITAIS

Cinemas Dixitais, unha rede de exhibición alternativa. Este proxecto encamíñase a facer difusión de obras audiovisuais non comerciais ao longo da xeografía galega a través da súa exhibición dixital, á maneira do cinema tradicional, en teatros, auditorios, casas de cultura ou salóns de actos de diferentes vilas.

Axencia Audiovisual Galega, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs. (salvo o día 14 que sera as 18 h.) no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. (entrada é de balde)

CICLO ABRIL: CICLO TELEFILMES

Tras uns comezos dubitativos a televisión estableceuse como unha forma popular de ocio logo da Segunda Guerra Mundial, sobre todo nos Estados Unidos de América. A súa aceptación inmediata e xeneralizada debeuse a unha serie de factores entre os que cómpre salientar o desenvolvemento dunha incipiente sociedade do benestar que se iría construíndo nas décadas seguintes. O carácter conservador da sociedade norteamericana fai que a televisión sexa un factor de esparexemento, xa que une a toda a familia arredor dela sen necesidade de se desprazar en busca doutros divertimentos. A televisión é imaxe e son, coma o cine, mais o seu maior aliciente era que se podía gozar desde a casa e, aínda por riba, de balde.

7 ABRIL: A ATLÁNTIDA (2005)

Directora: Belén Macías
Guión: Belén Macías, Teresa Vilardell, Maite Carranza Productor/a: José María Puigvert
Produción executiva: André Barbé Riesco, Jaume Santacana Compositor/a música: Xavier Capellas
Director de fotografía: Xavier Gil
Director de arte: Curru Garabal
Montaxe: Koldo Idígoras Xefe/a
Son: Pepe Cáceres Script: Encarna Alonso Sánchez
Maquillaxe/ perruquería: Raquel Fidalgo Fernández, Estefania Bello Martínez
Protagonistas: Nancho Novo, Manuel Lozano Obispo, Mercé Pons, Ana Wagener
Reparto: Pedro Alonso, Antonio Durán ´Morris´, Isabel Vazquez de Toro, Uxia Blanco Iglesias, Sara Casasnovas Pumar, Pilar Pereira, Carlos Pereira Costa, Anxo Carbajal González, Mariana Expósito Castaño
Argumento: A historia desta TV Movie xira en torno á protagonista, Victoria, que acaba de saber que lle queda pouco tempo de vida e a súa preocupación agora e arreglar o futuro do seu fillo adolescente, Mauro. Victoria, despois de moitos anos de non querer saber nada de Salinas, o seu ex marido e pai de Mauro, ponse en contacto con él para vender unha casa que teñen en común, a Atlántida, a fin de que o seu fillo poida contar nun futuro cun patrimonio. Salinas, un coñecido músico que vive nesta casa situada en Galicia, négase a vendela a pesares de ter problemas económicos, e suxire que Mauro vaia a vivir con él. Victoria, que non se fía cre, con razón, que Salinas só quere aproveitarse do seu fillo. Salinas inicia furtivamente un achegamento a Mauro. Victoria xa non pode esconder ó seu fillo o seu delicado estado de saúde, pero Mauro sinte terror ante algo (a morte da súa nai) que lle desconcerta. E refúxiase máis na interesada protección do seu pai. As relacións de Mauro coa súa nai vanse estropeando. Mauro, sen que a súa nai o saiba, diríxese á Coruña para asistir ó concerto de presentación do novo disco do seu pai, e alí descubre as súas mentiras. Victoria viaxa a A Coruña pero cando chega, Mauro desapareceu. Despois de moitos anos ela e Salinas, no entorno da casa que lles foi común, pasan contas do seu pasado. Cando Mauro aparece as augas están máis tranquilas entre os seus pais. Pai e fillo pactan que haxa armonía, que Victoria teña os derradeiros meses de vida en paz.

14 ABRIL: AUTOPSIA (2005)

Director/a: Milagros Bará Viñas
Guión: Milagros Bará Viñas Productor/a: Javier Valiño Vázquez Compositor/a música: Nani García Silva Director/a -Xefe de produción: Miguel Asensio Llamas Montaxe: Diego Macho Gómez, David Teijeiro Nouche Xefe/a Son: Alberto Beade Ríos Eléctrico: Alberto Diaz Blanco´Bertitxi´ Mestre de armas: Jesús Gómez Lesta
Equipo artístico
Protagonistas: Jesús Cabrero
Reparto: Luis Zahera, Isabel Blanco Picallo, Santi Prego Cabeza, Lino Braxe Mandiá, María Blanco-Fafián, Antonio Mourelos Vázquez, Roberto Leal Jiménez, Luisa Martínez, Abelardo Gabriel, Anxo Carbajal González
Argumento:Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe, e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmán dunha das víctimas, involucrarao máis na investigación. Con axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

21 ABRIL: O PARTIDO (2006)

Director/a: Juan Calvo
Guión: Xosé Antón Moure Ferreiro, Denis López Horro, Juan Calvo Productor/a: Borja Pena Auge, Emma Lustres Gómez Director/a de fotografía: Ricky R. Morgade Director/a de arte: Alexandra Fernández Carnero Director/a -Xefe de produción: Borja Pena Auge Montaxe: Rita Romero García
Xefe/a Son: Xavi Mas Atrezzo: Ramón Rubira López Axudante de produción: Martin Ramudo Prieto Eléctrico: Alberto Diaz Blanco´Bertitxi´
Equipo artístico
Protagonistas: Antonio Durán ´Morris´, Carlos Blanco Vila, Antonio Dechent
Reparto: Carlos Sante Varela, Tacho González, Dario Loureiro, Manuel Manquiña, Pepo Suevos Otero, Roberto Leal Jiménez, Carlos Pereira Costa, José Luís López Fernandez “Sacha”
Argumento: Unha fábrica do sector da metalurxia en problemas sufre un cambio importante cando a merca unha firma internacional americana. A situación vai a peor e xurde a idea de organizar un partido de confraternización. Mais esta iniciativa acaba sendo una batalla campal entre directivos e traballadores.
Observacións: Este proxecto contou ademais cunha subvención de 10.320 euros ao desenvolvemento de proxectos na Convocatoria de 2003. Premio Mellor película para televisión outorgado pola Academia española de Televisión no 2007

28 ABRIL: SECUESTRADOS EN XEORXIA (2001)

Director: Gustavo Balza Gámez
Guión: Ramón Campos Saez, Xosé Morais Rodríguez
Productor: Antón Rodriguez Reixa
Produción executiva: David Martínez Vázquez
Director de fotografía: Suso Bello Giz
Directora de arte: Alexandra Fernández Carnero
Directora -Xefa de produción: María Liaño Español
Montaxe
: Toño López Ríos
Xefe de Son: José Manuel Sospedra
Axudante de dirección: José Manuel Quiroga Rodríguez
Script: Ana Monteagudo Rúa
Efectos especiais: Ricardo Spencer Hartman Atrezzo: Ramón Rubira López
Axudante de produción: Xabier Eirís Rodríguez, Javier García Cea, Pablo Atienza Taurá, Quique Batet Franco
Axudante de cámara: José Juan Morgade López Eléctrico: Alberto Diaz Blanco´Bertitxi´
Foto fixa: Jorge Barreiro Mestre de armas: Jesús Gómez Lesta
Equipo artístico
Protagonistas: Chete Lera, Carlos Blanco Vila
Reparto: Beatriz Santana Dopeso, Celso Bugallo Aguiar, Miguel De Lira, Santi Prego Cabeza, Gonzalo Uriarte Martín, Alvaro Rodriguez Guevara, Monti Castiñeiras Rodríguez, Roberto ´Luna´ Sánchez, Antonio Mourelos Vázquez, Manuel Botana, Paco Campos Rodríguez, Carolina Vázquez Diéguez, Anxo Carbajal González
Argumento: Francisco Rodríguez e José Manuel Clavijo, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de realiza-lo que en aparencia é un excelente negocio: comprar alí unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Pero as cousas non saen como esperaban : Carlos, necesitado de cartos, ten pensado un negocio moi distinto.
A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos, que pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Ambos pasarán un ano de calvario, arrastrados dun zulo para outro polos secustradores e tratados coma animais.
Entrementres, en Madrid, Rosa e Helena – as mulleres dos secuestrados – intentan logra-la liberación dos seus maridos por tódolos medios diplomáticos posibles… Ata que non queda outro remedio que ir a Xeorxia e paga-lo rescate que esixen os secuestradores.


CONCERTOS NO ATENEO

Sábado día 25 de abril ás 20 horas

CONCERTO DA BANDA DE ROCK “96 GRADOS”, inmersos na promoción do seu primeiro traballo discográfico "MAÑANA SALE EL SOL" que pódese escoitar en www.96grados.es , ademais de presentar o disco reforzan o concerto con clasicos como: eric clapton, pink floyd, police, supertramp, etc, en formato acustico.


EXPOSICIÓNS ABRIL

EXPOSICIÓN COLECTIVA PINTURA: KALU, CHAPELA, FREIRE, A. SHECK, TENREIRO, M. ÁLVAREZ.

Do día 16 ao 29 de abril
___

Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon