Ferrol Lunes 23 de Marzo de 2009
A veciñanza de Mandiá mobilizaránse contra a futura zona loxística
REDACCIÓN > FERROL
A Asociación Veciñal de Mandiá ten intención de mobilizarse para protestar contra a plataforma de apoio portuario proxectada na parroquia. A entidad subliña que conta co apoio de toda a zona rural e que as alegacións contra a infraestrutura loxística chegan á cincuentena.
O presidente da asociación veciñal, Manuel Suárez, afirmou que están dispostos a manifestarse contra un proxecto que consideran prexudicial para a súa parroquia. Así o acordaron na última reunión, convocada o pasado sábado coa futura plataforma loxística como único punto da orde do día. Suárez engadiu que aínda non hai calendario para as mobilizacións.
O encontro serviu ademais para tratar das alegacións ó proxecto, xa que o prazo para presentalas remata o vindeiro día 27. Segundo informaron dende a asociación de veciños, aprobouse por maioría absoluta presentar unha alegación en nome da entidade, con diferentes puntos. Ademais, o número de alegacións individuais dos residentes que se consideran afectados polas obras está cerca das 50.
Queixas > As críticas dos veciños de Mandiá abranguen diversos aspectos do proxecto, que cren alterará de forma significativa a parroquia. Entre as alegacións destacan as referidas ó derribo de vivendas, arredor dunha decena.
Tamén critican o trazado, que aseguran non respecta, entre outras cousas, o cauce do río da Sardiña. “Non respecta o nacemento, nin as fontes, nin os humedais que temos”, asegurou Suárez. O presidente do colectivo veciñal subliñou que contan co respaldo de entidades ecoloxistas, coma Adega e a Sociedade Galega de Historia Natural, da Sociedade de Caza Urogallo e doutras asociacións culturais do lugar. O clube de fútbol local vaise sumar cunha alegación propia. Tamén indicou que formacións políticas coma Esquerda Unida lles trasmitiron o seu respaldo.
Noticia publicada no xornal comarcal "Diario de Ferrol"
__________________________
Sitio web da Asociación Veciñal de Mandiá:
http://www.mandia.es/
Arquivos Ártabros: Borrador do escrito: Alegacións ao “Proxecto sectorial plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ..: "Borrador do escrito: Alegacións ao “Proxecto sectorial plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade .."
______________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, marzo 26, 2009
A veciñanza de Mandiá mobilizarase contra a futura zona loxística
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 26, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon