Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
25 de março de 2009 09:39
O BNG aposta por potenciar a candidatura do profesor ferrolán
Ferrol 24 de marzo de 2009. Xoán Xosé Pita, portavoz municipal do BNG, pediu esta mañá ao Goberno Local de Ferrol que non desista de reivindicar o Día das Letras para D. Ricardo Carvalho Calero e fixo unha chamada a sociedade local a implicarse activamente na tarefa de que a RAG recoñeza o seu intenso traballo na defensa da nosa lingua.
Coincidindo co XIX aniversario do seu pasamento (Santiago, 25 de marzo de 1990) o BNG aposta por potenciar a candidatura do profesor ferrolán da que o Concello de Ferrol debe ser o motor.
Xoán Xosé Pita, incidiu na dinámica positiva que significaría, para a nosa cidade, que Carvalho Calero fora o protagonista do Día das Letras, pois estaríanos dando a posibilidade de poder desenvolver unha intensa actividade ao redor da súa figura e do seu legado e estariamos contribuindo a achegar o seu pensamento de dignificación da nosa lingua as xeracións máis novas.
Grupo Municipal do BNG
__________________________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
BNG
Letras Galegas
Xoán Xosé Pita pídelle ao goberno local que non desista de reivindicar o Día das Letras para Ricardo Carvalho Calero
mércores, marzo 25, 2009
Xoán Xosé Pita pídelle ao goberno local que non desista de reivindicar o Día das Letras para Ricardo Carvalho Calero
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, marzo 25, 2009
Artigos relacionados
- Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos. Moitos sentimentos enco
- Por Joam Tavia [*] 30.06.2017 Hoje por motivos laborais, nom pudem estar na proposta
- Un mar de muiñeiras é unha acción educativa coa pretensión de vindicar a danza galega
- A.C. Lefre de Caldereta Mareando as nosas Letras A asociación cultural Lefre de Calderet
- O que se aprobou non é unha reforma laboral, senón un cambio lexislativo co que se preten
- O BNG CENSURA O PACTO DE SILENCIO DE FeC, PP e PSOE SOBRE O 50 ANIVERSARIO DOS SUCESOS DO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon