Grupo Diversidade Funcional Ferrol e comarcas ferrol comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
27 de Marzo de 2009 18:08
Adxuntamos programa, cartaz e inscripciones para poder asistir ás mesmas, tanto para as persoas interesadas como usuarias.
Mari Morado
ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
C/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544 e Fax: 981930544
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
grupominferrol@hotmail.com
______________
Xornadas acerca da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
Os vindeiros 2 e 3 de abril a Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, organizará na Universidade da Coruña unhas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade.
As citadas xornadas contarán coa presenza de destacados conferenciantes dende o eido académico, como Adela Rey ou José Antonio Seoane, entre outros.
Tamén estarán presentes algúns dos máis importantes expertos do Movemento de Vida Independente, como poden ser Alejandro Rodríguez Picavea ou José Antonio Nóvoa.
Este evento realizase como unha iniciativa conxunta de VIgalicia e da Universidade da Coruña. Para VIgalicia é importante que o sector universitario da cidade herculina tome parte na difusión da Convención e que faga partícipe da mesma ao resto da sociedade.
Estas xornadas forman parte dunha campaña de difusión da Convención iniciada o pasado mes de xaneiro en Santiago de Compostela e nas que se expuxeron algúns aspectos fundamentais deste tratado de dereito internacional como é o feito de que as persoas con diversidade funcional son suxeitos de dereito e non obxectos de políticas caritativas e que, polo tanto deben ter os mesmos dereitos, opcións e control sobre as súas vidas que os demais cidadáns.
A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade aprobouse o 13 de decembro de 2006 pola Asemblea xeral das Nacións Unidas. Esta Convención é o resultado dun longo proceso, no que participaron varios actores e entre os que tiveron un papel destacado as organizacións de persoas con diversidade funcional e as súas familias.
Este novo instrumento supón importantes consecuencias para as persoas con diversidade funcional. Unha das principais será a "visibilidade" deste grupo cidadán dentro do sistema de protección dos dereitos humanos de Nacións Unidas, a asunción do fenómeno da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos, e poder contar cunha ferramenta xurídica vinculante á hora de facer valer os dereitos destas persoas.
O Estado español, asinou e ratificou a Convención da ONU e o seu Protocolo Facultativo, que abre unha nova vía de reclamación dos dereitos, entrando en vigor no noso país dende o pasado día 3 de maio de 2008. A partir desa data, a Convención pasa a formar parte do ordenamento xurídico español e é invocable ante as autoridades políticas, xudiciais e administrativas.
Por todo isto, invitámolos a acudir a estas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas acerca dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Dereitos Civís
Dereitos Humanos
Diversidade Funcional
Xornadas sobre vida independiente: 2 e 3 de Abril na Facultade de Dereito da Universidade d'A Coruña
sábado, marzo 28, 2009
Xornadas sobre vida independiente: 2 e 3 de Abril na Facultade de Dereito da Universidade d'A Coruña
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, marzo 28, 2009
Organiza:
Colaboran:
________________Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon