luns, abril 06, 2009

ADEGA organiza unha marcha ás mámoas e túmulos de Marraxón no Concello de Fene: Sábado 18 de Abril

ADEGA organiza unha marcha ás mámoas e túmulos de Marraxón no Concello de Fene, para o Sábado 18 de Abril deste 2009, con saída ás 16:30 hras da Igrexa de Sillobre. A excursión terá carácter aberta e será de balde. Expertos coñecedores da zona, Xan Martínez e Carlos Domínguez serán os guias pola zona. A marcha será coordenada polo vocal social de ADEGA: Xesús Oca Ben. Recomendase, ao ser zona de toxeiras, levar roupa de sendeirismo resistente.

[Clicar acima da imaxen para ampliar - Solpor desde Marraxón - Foto Artritix]

COLABORAN: AA VV de Sillobre e MVMC de Marraxón.

Información no Telemóbel: 606 11 98 46

www.adega.info

Nota: As mámoas agrupadas en dous conxuntos no monte Marraxón, parroquia de Sillobre do Concello de Fene, en total suman uns 19 túmulos. As súas medidas oscilan entre os 3 e 5 metros de diámetro, a maior situada no lugar d'O Couto do Rei [o ponto máis alto do Concello: 356 metros], excelente miradoiro da Ría de Ferrol. Neste lugar atópa-se o petróglifo de Marraxón e non moi afastado, na Pena do Picoto, atópase un conxunto de pedras graníticas con gravuras. As mámoas levantaron-se hai unos 5.500 anos, estas son construcións líticas que naceron cun fin estrictamente funerario.
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon