Acábase de celebrar o III Congreso de Economía Feminista e transcribo abaixo as súas conclusións porque me parece que o feminismo, xunto ao ecoloxismo, conforma un basamento fundamental para lograr que a economía chegue a ser un tipo de coñecemento capaz de analizar con realismo a vida económica.
Centrada só nos fenómenos con expresión monetaria, a economía dominante deixa de lado a cuestións que forman parte tan esencial da realidade como a produción de refugallos, os custos ambientais ou o traballo doméstio ou de coidados non pago, entre outras moitas outras. Soslayando unha parte tan grande das relacións económicas, a economía converteuse nunha ideoloxía cun altísimo grao de irrealismo e por iso é fundamental que se alteren os seus puntos de partida básicos.
Trátase de limitacións xa postas de manifesto cientificamente e de xeito irrefutable por economistas como Georgescu-Roegen, a quen o Premio Nobel Paul A. Samuelson chamaba "o economista entre os economistas" pero que deixou de ser considerado, leido, citado e mencionado desde que demostrou a falsidade dos postulados da economía convencional. Agora case ninguén o coñece nas facultades de economía pero a súa obra e as súas análises non poderán ser acalados para sempre porque son cada día máis necesarios e útiles.
Quen o silenciaron son os mesmos que agora desprezan as achegas da economía feminista. Un enfoque que eu penso que é fundamental ter en conta, a pesar de que (como tamén lle ocorre a unha parte da economía ecolóxica) moitas e moitos de quen a desenvolven caen no erro de considerar que a economia feminista é un paradigma autosuficiente. Eu creo, pola contra, que a súa gran achega consiste en proporcionar claves de uso transversal e sen as cales é imposible entender hoxe día a verdadeira natureza das relacións e os fenómenos económicos. E a pesar tamén de que algunhas economistas feministas, e feministas en xeral, se empéñen en considerar que a economía feminista, e o propio feminismo, é só unha cousa "de mulleres".
Aí van as conclusións e a miña recomendación de que para máis información lean a páxina web do congreso na que se pode aceder no enlace postado máis abaixo.
A ECONOMÍA FEMINISTA ANTE A CRISE
Conclusións do III Congreso de Economía Feminista
(Centro de formación feminista Carmen de Burgos na cidade de Baeza, 2 e 3 de abril de 2009)
O terceiro congreso de economía feminista realizouse os días 2 e 3 de abril no Centro de Formación Feminista Carmen de Burgos en Baeza, Xaén, no que se chegou a un amplo consenso sobre a actual crise económica e as súas consecuencias:
1.- A crise económica e financeira que ameaza o tecido social e o benestar das persoas se superpone a outras crises, como as do coidado, a ecolóxica, a do modelo económico e de desenvolvemento, así como, a moral e a ética.
2.- A crise ataca directamente as condicións de vida das persoas e sobre todo dos sectores de poboación máis vulnerables, incluíndo ás mulleres, que non foron responsables das políticas e decisións que levaron a esta situación.
3.- Os responsables desta crise son as elites do sector financeiro e empresarial, así como os gobernos que impuxeron as políticas neoliberais das dúas últimas décadas, seguindo os postulados da economía ortodoxa e patriarcal e do fundamentalismo de mercado.
4.- As medidas anti-crises que se están adoptando poden agravar as desigualdades xa existentes entre mulleres e homes. Por exemplo, salientando o investimento público en sectores económicos en crises -pouco sostibles como o do automóbil ou o da construción-, e non, en infraestrutura social ? como educación, saúde, coidados e protección social.
5.- A crise implica un risco de intensificar a división sexual do traballo e as desigualdades que xera. Pero tamén, representa unha oportunidade e un desafío para establecer novas formas de produción e consumo, e de reorganizar as estruturas e relacións do coidado, establecendo unha repartición equitativa entre mulleres e homes do traballo remunerado e non remunerado. Isto teríase que facer cun aumento da corresponsabilidade entre os distintos axentes involucrados no benestar social, incluíndo o Estado a través dun orzamento público progresista que a través dos ingresos, gastos e beneficios fiscais redistribúa equitativamente os recursos -que garanta o acceso ao crédito-, e sexa coherente co obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.
6.- Como economistas feministas denunciamos a economía ortodoxa e o fundamentalismo de mercado, dominantes nas facultades de económicas e nas accións de goberno que nos levaron á situación de crise na que nos atopamos.
Xa que logo, esiximos incluír unha perspectiva feminista nos plans de estudo e a investigación, así como na política económica e nas medidas anti-crises que se están deseñando.
http://www.upo.es/congresos/economiafeminista
____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, abril 10, 2009
Economía feminista
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, abril 10, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon