ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org
- 8 de abril de 2009 23:10
Roteiro Rio Mera
PROGRAMA VAI DE ROTEIROS
19/04/09 Rio Mera (Núcleo Comarcal de Ferrol, Eume e Oregal)
Roteiro Río Mera (A Cuqueira-Ponte Mera). Zona LIC.
19 de abril de 2009
- Concellos: Cerdido e Ortigueira.
- Percorrido total: 14,4 km
- Duración: 8 horas e media (condicionado polo tren)
- Medio de transporte: FEVE.
- Colleremos o tren ás 10:30 h. (Estacion de Ferrol)
- Punto de inicio: Apeadeiro de “A Cuqueira”.
- Punto de remate: Estación de Ponte Mera.
- Prezo: 5€ (socios) 7,50 € (non socios).
- Contacto para inscricion: 661 636 946
- Dificultade: media-baixa.
- Indumentaria: roupa cómoda, pantalón longo.
- Calzado: tipo “treking”.
- Comida e bebida: cada un ten que levar a súa.
Percorrido
Comezo na Estación do FEVE de Ferrol, onde colleremos o tren ás 10:30 h.
Chegaremos ás 11:24 h ao apeadeiro da Cuqueira, no concello de Cerdido, onde baixaremos para emprender a andaina.
1o tramo: A Cuqueira-Cruce coa pista de terra (Covelo).
2o tramo: Pista forestal pola Fraga dos Casás.
Neste tramo visitaremos a Fraga dos Casás, incluida no LIC Ortigueira-Mera. Esta fraga ten unha extensión aproximada de 100 ha., se ben a súa extensión vese menguada continuamente polos cultivos de eucalipto, ao igual que sucede no resto do país. Esperemos que a súa inclusión no LIC poida frear este proceso de degradación, se ben sabemos que esta medida non será suficiente se non se acompaña de otras medidas de control e dun compromiso firme por parte da administración. Neste momento a fraga está ameazada ademais por un novo proxecto de “ruta de senderismo” parecido ao do Río Sor.
3o tramo: Fraga dos Casás-Ponte da Cardeal.
4o tramo: Ponte do Cardeal-Area recreativa do Refuxio do Río Mera.
5o tramo: Área recreativa-Ponte Noval
6o tramo: Ponte Noval-Ponte do FEVE
7o tramo: Ponte do FEVE-Estación de Ponte Mera.
Dende aIgrexa parroquial de Santiago, en Mera de Abaixo, de 1829 dirixirémonos xa cara ao final da nosa andaina, na Estación (pechada) do FEVE en Ponte Mera, non sen antes botar unha ollada ao Pazo do Souto.
______________
Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.
Apdo. Correos nº 49 |
Santiago de Compostela |
15870 |
info@verdegaia.org | |
622 033 665 - 629 835 351 |
http://www.verdegaia.org/
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon