Ferrol a 27 de abril de 2009. O grupo municipal do BNG presentou para o seu debate no Pleno da corporación unha proposta coa que pretende modificar e ampliar as bonificacións das taxas e ordenanzas municipais para axustalas ao novo marco como consecuencia da crise económica.
O BNG salienta o complicado da situación na que viven moitas familias debido a que nestes momentos nos que a taxa de paro se dispara e no que as familias que teñen a todos os seus membros en situación de desemprego aumentan a diario, polo queé agora cando as administracións públicas deben facer un maior esforzo dentro do seu marco competencial e artellar as medidas que axuden as persoas que se atopan nesta situación a superar estes momentos de dificuldades económicas.
Desde o BNG consideramos imprescindíbel ser permeábeis a esta situación e artellar os mecanismos administrativos que contemplen e teñan en conta os casos daquelas familias nas que todos os seus membros ficaron no paro, incluso os casos nos que os únicos ingresos proveñan do cobro do subsidio de desemprego.
O Concello como administración local máis próxima a cidadanía debe darse conta da nova realidade, non prevista, de moitas familias que ven reducidos drasticamente os seus ingresos no medio do denominado ano fiscal e teñan que facer fronte a uns gastos que poden lastrar a súa economía.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
--
Enviado por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
27 de abril de 2009 16:04
_______________________
Baixar á moción do BNG en formato -pdf-
___________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
A Crise
BNG
O BNG propón aumentar as bonificacións das ordenanzas municipais para axudar a afrontar a crise
luns, abril 27, 2009
O BNG propón aumentar as bonificacións das ordenanzas municipais para axudar a afrontar a crise
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, abril 27, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon