A Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, remite-nos a Acta Correxida da sesión do GAP, celebrada o 28 de Abril de 2009. Polo que a Acta definitiva ás 11:49 hrs do 24 de maio de 2009 é a que a continuación segue:
Proceso participativo do Grupo de Análise e Proposta (GAP)
Asunto: Proceso participativo relativo ao modelo experimental de orzamentos participativos
Data: 28.04.2009
Lugar: Sala de recepcións, 1º andar, Concello de Ferrol
Persoas e entidades participantes
[que asinan o documento de asistencia]
Nome e apelidos Entidade / Particular
- Ofelia Piñón Quintás Asociación de mulleres “El Pilar”
- Jesús Ignacio Caselas Gutierrez A.VV. El Pilar – Recimil
- Francisco Javier Pérez Gutierez A.VV. El Pilar - Recimil
- Victor F.V. A.VV. El Pilar - Recimil
- Montse Perille Veiga A.VV. El Pilar- Recimil
- Francisco Díaz Díaz A.VV. El Pilar- Recimil
- Ana Beceiro Mosquera AVV. San Pablo de Catabois
- Pilar Rodríguez Venancio AVV. Cuco Ruíz de Cortázar - Caranza
- Xosé M. San Xoán Caamaño AVV. O Rosario - Inferniño
- Alberto Saavedra Fernández AVV. Ferrol Vello
- Arcadio Ares Arias AVV. Ultramar
- José M. De Miguel AVV. Ensanche A
- César Manso Platas AVV.Barrio da Magdalena Pedro Padrón
- Benigno Sixto AVV. S. Xoán – O Bertón
- Luis M. Taboada González AVV. O Cruceiro de Canido
- Javier Solloso Leal A.VV. O Cruceiro de Canido
- José Polo Veiga AVV. O Lago
- Enrique López AVV. de Pazos
- José Mª Suárez Sabín AVV. Sta. Uxía de Mandiá
- Manuel Varela González AVV. Río da Ponte de San Xurxo
- Nieves Pérez Díaz AVV. Río da Ponte de San Xurxo
- Salvador Ríos García AVV. Castelao Brión
- Paulino Gasalla Aller AVV. Val de Esmelle
- Xesús Manuel Díaz Suárez Asociación Veciñal de Esteiro « Fontelonga »
- Magdalena González Grandal Asociación O Prioriño
- José Espiñeira Rivas AVV. San Salvador de Serantes
- Andrés Rodríguez Santalla Departamento de Mocidade USTG
- Andrea Pardo Mesías Alcer Coruña
- Ramiro Santalices Martínez Asiste a título individual
- Pilar Rivera Asiste a título individual
Nome e apelidos
- Manuel Santiago Pérez Concelleiro delegado de participación cidadá
- Luis García García Equipa técnica de Cidadanía, Soc. Coop.
- Maica Rodríguez Freire Técnica de participación cidadá
Nome e apelidos Entidade / Particular
- María Morado Grupo Diversidade Funcional Ferrol e comarca
Desenvolvemento da sesión
- Presenta a sesión Manuel Santiago, concelleiro delegado de participación cidadá, anunciando a cantidade de 2 millóns de euros para o proceso participativo de orzamentos participativos nun período bianual 2009-2010.
- A técnica de participación realiza unha presentación sobre o panorama de orzamentos participativos no Estado, descritivo dos diferentes modelos de participación a nivel de quen participa (cidadáns e/ou asociacións), que cantidades se debaten e que apartados do orzamento municipal ordinario. Detállanse as localidades con experiencia en orzamentos participativos (OP en diante), formas de regular os procesos e órganos a crear para tomar decisións. Explícanse os modelos territoriais, nas que as decisións se toman por barrios e modelos sectoriais, nos que se traballa por áreas temáticas. Coméntanse as dificultades dos procesos e as recomendacións realizadas dende outras localidades á hora de poñer en marcha un proceso de OP.
- A equipa técnica de Cidadanía describe os procesos de OP como procesos de rexeneración democrática e procédese a unha reflexión sobre os mesmos. Principalmente, se describen os pasos necesarios a dar e os posibles órganos e espazos de participación a poñer en marcha en Ferrol.
- Información: informar e sensibilizar para animar a participación no proceso.
- Identificación de participantes: creación dun rexistro de participantes de representantes de asociacións e a título particular.
- Capacitación: tarefa primordial no inicio do proceso, para fortalecer o proceso permitindo dotar de máis capacidades na toma de decisións dos participantes.
- Órganos de participación: deseñados para favorecer a operatividade no traballo e a maior fluidez na comunicación: grupo motor, asembleas e mesas de propostas.
- Viabilidade técnica: o persoal técnico municipal das áreas involucradas avaliarán as propostas dende un punto de vista técnico, xurídico e de axuste orzamentario.
- Formalización de acordos e compromisos: despois da priorización das propostas, o Concello presentará os resultados poñendo en coñecemento da poboación os compromisos acadados.
- Seguimento da execución das propostas: será un resultado ao remate do proceso de elaboración dos OP.
- Grupo Motor: Dinamizar e promover a participación. Elaborar un borrador de regulamento de OP.
- A Asemblea de Barrio: aprobar o regulamento de OP, definir problemáticas e necesidades do barrio, priorizar propostas.
- A Mesa de Propostas: canalizar as demandas ou propostas de actuación, elevar a asemblea a relación definitiva de propostas.
Dende o GAP coméntase o seguinte sobre o proceso:
- O proceso debe de comezar a funcionar; coa creación de órganos e normas de funcionamento para implantar o modelo.
- Solicítase que se poñan en marcha as accións de formación e comunicación.
- Pregúntase pola participación do resto dos grupos municipais, ante a constante alternancia política nos mandatos do Concello de Ferrol.
- O modelo experimental estase a definir de forma participativa co GAP como grupo motor do proceso participativo relativo á reforma do Regulamento de Participación Cidadá. É preciso consensuar e definir o modelo, se é territorial en qué barrios se vai a implantar, e que dende o GAP existe un acordo de executalo nunha zona urbana e nunha zona rural. Como criterios técnicos para a elección de zonas recoméndase ter presente unha serie de pautas como un déficit de equipamentos na zona, un tecido asociativo vertebrado e existencia de experiencias participativos e un nivel de cobertura e habitantes (válido para o urbano).
- A formación e a campaña de comunicación son accións que van parellas no calendario ao modelo que se determine.
- Os grupos municipais estarán representados nos espazos de participación que se nomeen.
As zonas urbanas que se propoñen son:
- Caranza.
- Esteiro.
- San Pablo-Catabois-Santa Mariña.
- Recimil.
- San Felipe.
- Ferrol Vello.
Acordos tomados e cuestións pendentes:
- Acordo en que a zona rural sobre a que intervir sería Doniños-San Xurxo.
- Quedaría pendente por determinar a zona urbana. Esta decisión quedaría para unha nova sesión de traballo co GAP na que, en base a criterios técnicos, se poida escoller o barrio a través dun consenso, máis que por votación.
Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
15 de maio de 2009 14:53
____________________
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
____________________
4 comentarios
Esta acta foi corrixida, deberiades actualizala
Esta acta foi corrixida, deberiades actualizala
Esta acta foi a que enviarom corregida o 12 de Maio. Se hai outra posterior ainda nom a enviarom.
Inácio
A Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, remiteu-nos a Acta Correxida da sesión do GAP, celebrada o 28 de Abril de 2009. Polo que a Acta definitiva ás 11:49 hrs do 24 de maio de 2009 é a que está postada.
CA21
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon