O martes 26 de maio a Policia Nacional, por orde da Subdelegación do Goberno, procedía á detención da compañeira Laura Bugallo, traballadora da CIG-Migración en Compostela, incansábel loitadora na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, asi como coñecida pola súa actividade no feminismo e no movemento LGBT, nomeadamente desde o seu labor en Transgaliza polo recoñecemento dos dereitos e da visibilización das transexuais. Laura é mebra integrante da Mesa Nacional do Movemento pola Base.
Detiveron a Laura Bugallo, por un suposto delicto de "falsidade documental", que consistiría na axuda e tramitación desinteresada dos papeis a persoas inmigrantes. Asi, rexistraron tanto a súa oficina de traballo, levándose computadores e documentación, como a súa casa, onde tamén fixeron o mesmo.
Esta detención supón un ataque á rede de persoas e colectivos que como a nosa compañeira Laura Bugallo defenden e apoian en todo momento ás persoas inmigrantes. Reclamamos a súa inmediata posta en liberdade, e demandamos que remate esta persecución política contra quen loita polos dereitos dos e das inmigrantes.
Porque "Defender os inmigrantes non é delito!", onte mércores 27 de maio, tivo lugar unha ación de protesta, para reclamar a liberdade de Laura Bugallo, detida o pasado martes 26 de Maio pola Policia Nacional, nunha clara campaña de ataque e acoso á rede de apoio das persoas inmigrantes na Galiza.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Dereitos Civís
Solidariedade
Defender @s inmigrantes non é delito: Solidariedade coa activista na defensa dos dereitos civís Laura Bugallo
xoves, maio 28, 2009
Defender @s inmigrantes non é delito: Solidariedade coa activista na defensa dos dereitos civís Laura Bugallo
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, maio 28, 2009
Artigos relacionados
- FLORES, MÚSICA, POESIA E COPLAS...EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA!!O
- O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU pede a libertación imediata de Junqu
- NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org28 de fevereiro de 2009 10:1127 de Fevereiro de 2009Na manh
- A tardiña do 5 de febreiro, un numeroso grupo de persoas deron-se cita no Cantón
- Unha iniciativa de Change. org trata de modificar o currículo das materias de Arte en Bac
- Memorábel entrevista (en castelán) ao ex Xuíz de Instrución (retirado) Ramiro García de
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon