O Ateneo Ferrolán informa das actividades que se van desenvolver nos próximos días na súa sede na Rúa Madalena:
- Hoxe 8 de Maio, ás 8 da tarde, presentación da publicación do nº 19 dos Cadernos Ateneo Ferrolán: "A CONSTRUCIÓN NAVAL NA RÍA DE FERROL", no acto agasallara-se a todas as persoas presentes con un exemplar do interesantisimo caderno. [+ Info]
- Continua a exposición de pintura de Paloma Medina, HumberJumber e Francisco López Riopedre, até o 13 de Maio, na Sá de Exposición do Ateneo. [+ Info]
- Este Sábado 9 de Maio, ás 12 do mediodía, no Ciclo de Cine Infanteil, proxectara-se "A Princesa Mononoke" (1997) é un filme de animación xaponesa de Hayao Miyazaki. Ambientada no Xapón medieval que se centra na loita entre os gardiáns sobrenaturais dun bosque e os humanos que necesitan os seus recursos, ... de contido filosófico, interesantisima, entretida e unha verdadeira obra de arte. [+ Info]
- O vindeiro martes, 12 de Maio, ás oito e media da tarde, comeza a Semana das Nosas Letras, cunha conferencia organizada pola asociación "Lefre de Caldereta": "RAMÓN PIÑEIRO E FERROL UNHA FIGURA DO GALEGUISMO E SÍMBOLO DUNHA XERACIÓN", a cargo de Miguel Barros. [+ Info]
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail: a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303 _________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon