A edil María López explica que o éxito do 2008 avala a continuidade do programa, para o que se abre inscripción
A iniciativa permitiu aforrar a xestión de 73 toneladas de residuos no 2008, que se convertiron en abono natural
Ferrol, 11 de maio de 2009.-
A concelleira de Medio Ambiente, María López, anunciou esta mañá que o Concello de Ferrol reedita este ano a súa aposta pola reciclaxe poñendo en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa de compostaxe caseiro en medio cento de fogares do termo municipal. O éxito da iniciativa durante o 2008, que permitiu aforrar a xestión de 73 toneladas de residuos orgánicos e o seu posterior uso como abono orgánico, avala a continuidade neste exercicio, segundo María López. Ao respecto, a concelleira avanzou que dende mañá mesmo as persoas interesadas en participar no proxecto deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. A partir de ahí, e tras comprobar que cumpren os requisitos esixidos, a concesión das 50 prazas se realizará por riguroso orde de inscripción.
Nesta liña, María López deu conta desas condicións: ser maior de 18 anos, vivir na zona rural ou dispor dunha horta propia no núcleo urbano. Sinalou que a finalidade deste proxecto é darlle unha xestión ecolóxica aos residuos orgánicos e evitar así a súa incineración ou verquido, fomentando a súa reciclaxe. Os fogares nos que se instalaron os composteiros -caixóns de plástico de 400 litros e desmontables- autoxestionaron desta maneira os seus refugallos orgánicos, aportando un beneficio anual para a comunidade, que aforra a xestión de máis de 73 toneladas de residuos orgánicos domésticos producidos. Precisamente, a conversión dos restos alimenticios en compost tamén permite rebaixar o contido da bolsa de lixo en torno a un 50 ou 60 por cento. Así mesmo, estes veciños de Ferrol obteñen un compost que poden empregar como abono, devolvéndolle aos solos os nutrintes necesarios para o crecemento vexetal e conservando así a calidade dos mesmos.
O Plan de compostaxe caseiro promovido polo Concello en colaboración coa entidade ecoloxista Adega pretende deste xeito facilitar os medios necesarios para que os veciños e veciñas participantes poidan desenvolver esta técnica de forma autónoma nos seus propios domicilios. Unha cifra que tamén se ampliaba o ano pasado, coa organización de charlas convocadas pola institución local e a entidade para explicar o método e o seu funcionamento práctico. Charlas que animaron a cidadáns e cidadás a implicarse neste proceso tras coñecer os detalles do mesmo.
En definitiva, o programa ofrece unha mostra clara do compromiso da sociedade ferrolá co medio ambiente. Así mesmo, a edil afirmou que se trata dunha alternativa viable, económica e ecolóxica adoptada noutros concellos e con grande aceptación por parte dos veciños que se implicaron na iniciativa.
Saúdos; Gabinete de Comunicación
Enviado por:
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Ateneo Ferrolán
Medio Ambiente
O Concello de Ferrol activa o Plan de Compostaxe Caseiro para a xestión ecolóxica dos residuos
martes, maio 12, 2009
O Concello de Ferrol activa o Plan de Compostaxe Caseiro para a xestión ecolóxica dos residuos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, maio 12, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon