Vindeiros eventos e actividades da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA
Sábado 6 de xuño: Acto central do Día Mundial do Medio Ambiente 2009
- Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente [5 de xuño], ADEGA está a organizar unha serie de actos reivindicativos e participativos dentro da Semana Galega do Medio Ambiente. O lema que a ONU propón este ano é "Unid@s contra o cambio climático: o teu planeta necesítate". Por iso, alén da batería de actividades que vos propuxemos, o sábado 6 de xuño celebraremos unha concentración e un acto reivindicativo no mercado de Compostela [Praciña de San Fiz, xunto a praza de abastos] de 11 a 13h. Aló darémonos cita todas as organizacións asinantes dun manifesto (12 h) para expresar o noso compromiso persoal e colectivo na loita contra os efectos do cambio climático.
- O número 58 da revista de ADEGA "CERNA" ten como tema central o futuro de ENCE. Debruzamos algunhas propostas en clave ambiental que ADEGA le fai ao novo governo como a protección do litoral. Seguindo este fío, CERNA 58, inclúe un artigo sobre as repercusións do Informe Auken, aprobado polo Parlamento Europeo e que reprime por primeira vez á política urbanística depredadora do Estado español e ameaza con retirarlle os Fondos de Cohesión. Non perdemos de vista a s nosas reivindicacións da ampliación da Rede Natura ou dunha nova política de residuos para corrixir o fracaso de SOGAMA.
ACUDE A COMPOSTELA O SÁBADO 6 de Xuño e deixa ouvir a túa voz: QUE O AMBIENTE NON PAQUE A CRISE!
Máis información: Local nacional (981 570099) ou na nosa web:
www.adega.info
Enviado por:
ADEGA -adega@adega.info-
3 de junho de 2009 20:58
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon