CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA O DÍA 23 DE XUÑO, ÁS 10HS.
A LINGUA, A NOSA CULTURA, O NOSO PATRIMONIO
Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio, que hai que protexer e do que sentirse orgulloso. (Mesa pola normalización)
“Porque despois de máis de catro séculos de políticas asimilistas, exercidas con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma segue vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados".
Castelao. "Sempre en Galiza".
CIG- Saúde defende que se manteña a convocatoria de OPE nos termos nos que foi aprobada na Mesa Sectorial en decembro de 2008.
O goberno do PP pretende modificar pola vía de urxencia a modificación da Lei de Función Pública Galega, para suprimir das probas selectivas o coñecemento do noso idioma; co argumento de que isto impide que profesionais do resto do territorio do estado español acedan ao emprego no noso pais. Isto é totalmente falso e non se pode seguir enganando e manipulando.
Este é o cronograma da convocatoria de OPE, polo que o persoal que vai participar neste proceso selectivo, de dentro ou de fora de Galiza, xa coñecía os requisitos da convocatoria.
Convocatoria OPE - FACULTATIVOS 2008
- Decreto de oferta de emprego publicado no DOG do 01-09-2008
- Resolución da convocatoria publicado no DOG do 22-12-2008.
- Inicio do prazo de presentación de solicitudes 23-12-08.
- Prazo fin de presentación de solicitudes 31-01-09.
- Decreto de oferta de emprego publicado no DOG do 13-02-09.
- Resolución da convocatoria publicado no DOG do 26-02-09.
- Inicio do prazo de presentación de solicitudes 27-02-09.
- Prazo fin de presentación de solicitudes 31-03-09.
BAREMO OPE 100% DA PUNTUACIÓN
- Concurso de méritos 40% do proceso selectivo.
- Nesta apartado valóranse os servizos prestados nos países da Unión Europea, nos centros públicos e privados. O resto de méritos (publicacións, formación...) son de carácter internacional.
- Fase de oposición 60% do proceso selectivo.
- 90% Exame da parte específica . Os test están feitos integramente en español.
- 10% coñecemento do galego. Non eliminatorio, só serve para para subir nota .
As precarias condicións das contratacións utilizadas nos últimos anos polo goberno do PP traducíanse en:
- Para os profesionais: a formalización de sucesivos contratos, sen vacacións, sen cobertura de I.T, Provocando desmotivación, incerteza para os proxectos persoais e a dificultade en conciliar a vida laboral familiar.
- Para a Administración sanitaria: a dificultade de captar e reter profesionais nun mercado competitivo; xerando incerteza na continuidade dos servizos.
O galego non é unha limitación, é un dereito; as usuarias e usuarios teñen o dereito a usalo na súa relación co Sistema Sanitario Público; a Administración ten a obriga de garantilo.
Concentración o martes 23 de xuño en contra da modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública
A CIG volve rexeitar a eliminación de realizar unha ou máis probas en galego
As organizacións sindicais reiteraron unha vez máis a petición á Xunta para que non modifique o artigo 35 da Lei da Función Pública, mantendo deste xeito a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas dos procesos selectivos exclusivamente en lingua galega.
Para apoiar esta reivindicación, CIG, UGT e CCOO teñen convocado unha concentración ante o Parlamento de Galiza o vindeiro 23 de xuño ás 10h, data na que se debaterá esta modificación na Cámara galega.
Ligazón: Folla informativa CIG-SAÚDE
--
CIG-Saúde Ferrol
981334566
www.cigsaudeferrol.blogspot.
Enviado por:
Cig Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
18 de junho de 2009 07:56
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon